Mundo

Un xornal portugués crea unha sección en ucraíno

O xornal portugués Região Leiria creou unha sección en liña en lingua ucraína destinada ás persoas refuxiadas e á comunidade ucraína asentada en Portugal.

Fonte: TSF

Unha enquisa revela que unha maioría da cidadanía irlandesa apoia que o gaélico teña máis presenza na vida diaria

Unha enquisa elaborada pola entidade Ireland Thinks revelou que un 65 % das persoas na República de Irlanda apoiaría que o gaélico acadase unha maior presenza na vida diaria. O estudo tamén revela que cada vez máis xente nova asocia a lingua co sentimento identitario.

Fonte: The Journal

Unha investigación revela que a orixe da linguaxe humana podería estar nos xestos das mans

Un grupo de persoas investigadoras de Australia, Alemaña e os EUA revelou que a orixe da linguaxe humana podería estar na xesticulación e non nos gruñidos como se adoitaba pensar.

Fonte: Phys.org

Participantes no censo escocés queren visibilizar a lingua scots en Escocia

Un grupo de activistas escoceses fai un chamamento á cidadanía escocesa a que se use o censo para visibilizar a existencia e vitalidade da lingua scots.

Fonte: Euronews

A interface de usuario dos móbiles Motorola incluirá agora a lingua cherokee

Un acordo entre Lenovo Foundation e a empresa de telefonía Motorola permitirá que os aparellos móbiles da marca inclúan a partir de agora o cherokee, un idioma falado por indíxenas norteamericanos en EUA.

Fonte: Tudo Celular

O comisario de Linguas Oficiais do Canadá teme cambios nas políticas de protección do francés en Alberta

O comisario canadense de Linguas Oficiais, Raymond Théberge, teme que a provincia de Alberta non poida manter a obriga de ofrecer servizos en lingua francesa despois de confirmar que vai crear un novo corpo de policía propio.

Fonte: CTV News

Un profesor é detido na China por ensinar a lingua uigur

Un profesor foi detido e encarcerado en Xinjiang por impartir clases en uigur, a súa lingua materna e idioma vernáculo desta rexión autónoma da China.

Fonte: Wion

A maioría da cidadanía galesa acepta a política gobernamental para incrementar o número de falantes de galés

Unha enquisa realizada por YouGov revela que só o 18 % da cidadanía galesa non apoia a política do Goberno do País de Gales centrada en atinxir o millón de falantes de galés antes de 2050.

Fonte: Nation Cymru

Un concurso de banda deseñada conmemora a vida e obra de José Saramago

O Instituto Camões e Centro Cultural Portugués de Brasilia organiza un concurso de banda deseñada sobre a obra e vida do autor portugués José Saramago para celebrar o centenario do seu nacemento.

Fonte: Notícias ao Minuto

O condado irlandés de Cork albergará o primeiro museo dedicado ao gaélico

A localidade irlandesa de Béal Átha nGhaorthaidh (Ballingeary, en inglés), no condado de Cork, albergará o primeiro museo dedicado á lingua gaélica.

Fonte: Irish Examiner

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder