Mundo

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo conmemora o centenario do escritor portugués José Saramago

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo conmemorará con debates e exposicións o centenario do nacemento de José Saramago, escritor portugués e Nobel de Literatura.

Fonte: Terra

A BBC retoma a retransmisión en lingua inglesa desde Rusia

A BBC tomou a decisión de retomar os traballos de retransmisión radiofónica en lingua inglesa desde Rusia despois de que se suspendese temporalmente a semana pasada.

Fonte: The Guardian

Un concurso de fotografía reflexiona sobre os conceptos de sustentabilidade e lusofonía

O Consello Internacional dos Arquitectos de Lingua Portuguesa (CIALP, polas súas siglas en portugués) convocou a segunda edición dun concurso de fotografía que pretende abrir un espazo de reflexión sobre os conceptos de sustentabilidade e lusofonía. 

Fonte: Público

Un rexistro civil francés rexeita a inscrición dun nome por ter grafía non francesa

O rexistro civil da cidade de Nimes prohibiu a inscrición dun neno occitano porque o seu nome presentaba unha grafía contraria ás normas ortográficas do francés.

Fonte: Jornalet

 

Un panel de expertos propón estratexias para promover e protexer o gaélico e o escocés do Úlster

Un panel de persoas expertas na materia propuxo novas estratexias e recomendacións para salvagardar e promover o gaélico irlandés e o escocés do Úlster en Irlanda do Norte.

Fonte: BBC

Unha marcha reivindica a oficialización da lingua do pobo mapuche en Temuko

Integrantes do colectivo "Movemento polo Mapuzugun" realizaron unha marcha polas rúas da cidade chilena de Temuko (ou Temuco, en español) para demandar máis protección para a lingua do pobo mapuche e solicitar a súa oficialización no ámbito local.

Fonte: Revista de Frente

O municipio de Anglesey aposta polo uso do galés no mundo dixital

O municipio da illa de Anglesey (Ynys Môn, en galés), no norte do País de Gales, celebrou o Día de San David coa estrea oficial do dominio galés do seu sitio web e co lanzamento dunha sección dedicada á promoción da lingua galesa.

Fonte: North Wales Chronicle

Diferentes actividades conmemoran na Bretaña o mes da lingua bretoa

Diferentes actividades e iniciativas terán lugar ao longo do mes de marzo en cidades como Quimper e no resto da Bretaña para celebrar o mes da lingua bretoa.

Fonte: Actu.fr

A Autoridade Nacional do Medicamento de Portugal dispón que todas as probas da covid-19 deben estar en lingua portuguesa

A Autoridade Nacional do Medicamento e Produtos de Saúde de Portugal (Infarmed) informou de que todos os autotests da covid-19 deben vir acompañados a partir de agora de instrucións en lingua portuguesa.

Fonte: O Minho

Un estudo dunha universidade sueca mostra que o alumnado bilingüe ten mellores habilidades de lectura e escrita

Un estudo elaborado na Universidade de Umeå, Suecia, revelou que o alumnado bilingüe sueco-persa é capaz de ler e escribir textos con maior precisión que as persoas non bilingües.

Fonte: Phys.org

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder