Mundo

O uso do portugués é tema de disputa na campaña das eleccións presidenciais de Timor Leste

A decisión da Comisión Nacional de Eleccións timorense de incluír preguntas en portugués no debate electoral dos vindeiros comicios presidenciais está a crear polémica en Timor Leste e algunhas persoas xa manifestaron o seu desacordo.

Fonte: E-Global

A cidade de Coímbra dálle prioridade ao proxecto para se converter na sede europea do Museo da Lingua Portuguesa

O presidente do municipio de Coímbra iniciou un protocolo de cooperación co Estado de São Paulo e a Fundación Roberto Marinho para albergar a sede europea do Museo da Lingua Portuguesa, mesmo se a cidade non sae escollida como Capital Europea da Cultura 2027. 

Fonte: Visão

Demandan que o kurdo se converta en lingua oficial do Kurdistán sirio

Un grupo de profesorado e estudantado da poboación de Tal Tamr, no Kurdistán sirio ou Rajava, demandaron que a lingua kurda sexa declarada oficial.

Fonte: Hawar News

O estado do Iucatán declara a lingua maia como Patrimonio Cultural Intanxible

A lingua maia ou maayat’aan é agora Patrimonio Cultural Intanxible do estado mexicano do Iucatán tras unha declaración oficial realizada co gallo do Día Internacional da Lingua Materna.

Fonte: Swissinfo

Unha muller loita por salvar da extinción o antigo idioma sefardí ou ladino de Turquía

Forti Barokas é unha muller de Istambul que loita por salvar da extinción o idioma ladino ou sefardí que falan arredor de 8000 persoas en Turquía. A lingua, unha mestura entre hebreo e español, é falada polas persoas descendentes de xudeus españois que fuxiron de España no século XV.

Fonte: Daily Sabah 

Publican unha colección de relatos portugueses do século XVI traducidos cara ao chinés

O Instituto Cultural de Macau publicou unha colección de relatos do século XVI escritos por portugueses durante as súas visitas na China e traducidos por primeira vez ao chinés.

Fonte: Porto Canal

O Certificado Xeral de Educación Secundaria terá novas materias de lingua galesa

A oficina responsable de títulos e exames do País de Gales creará novas materias relacionadas co ensino e a aprendizaxe do galés como parte do novo Certificado Xeral de Educación Secundaria.

Fonte: Wales Online

Un Club UNESCO de Barcelos traballa pola promoción e preservación das linguas minoritarias

Un Club UNESCO da freguesía portuguesa de Balugães, en Barcelos, empregará o teatro para promover e preservar as linguas minoritarias. A primeira iniciativa será a organización dun festival internacional de teatro.

Fonte: Notícias ao Minuto

A Casa da Escrita de Coímbra organiza un evento para marcar o Día Internacional da Lingua Materna

A Casa da Escrita da Cámara Municipal de Coímbra, Portugal, organiza unha conferencia gratuíta sobre o portugués para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna.

Fonte: Centro TV

Morre en Chile a última falante do idioma yaghan

Cristina Calderón, a última falante do idioma yaghan ou yámana do territorio chileno da Terra do Fogo, morreu aos 93 anos de idade. A UNESCO considerábaa un Tesouro Vivo da Humanidade.

Fonte: El Comercio

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder