Mundo
Portugal aproba novas medidas para o ensino do portugués como lingua non materna
Portugal aprobou novas regras de estudo da lingua portuguesa para alumnado procedente doutros países. A partir de agora, o alumnado estranxeiro terá máis tempo para aprender a lingua portuguesa antes de frecuentar as clases doutras disciplinas.
Fonte: Público
O presidente de Cabo Verde comprométese a apoiar a tradución da Constitución da República ao crioulo caboverdiano
O presidente da República de Cabo Verde, José Maria Neves, comprometeuse a apoiar un equipo que traduza a Constitución da República ás dúas variantes do crioulo caboverdiano, a de São Vicente e a de Santiago.
Fonte: Balai Cabo Verde
Francia aproba a creación do Consello Superior de Linguas
Jean-Michel Blanquer, ministro de Educación de Francia, participou no acto de creación do Consello Superior de Linguas (CSL, polas súas siglas en francés) que promoverá a aprendizaxe de linguas estranxeiras, rexionais e clásicas.
Fonte: Gouvernement
A Oficina Pública do Éuscaro de Iparralde asina un acordo para mellorar o tradutor automático Itzuli
A Oficina Pública do Éuscaro de Iparralde e o goberno da Comunidade Autónoma Vasca asinaron un acordo para melloraren o tradutor automático de intelixencia artificial Itzuli.
Fonte: Mediabask
Organízase unha cadea humana para reivindicar a posibilidade de realizar os exames oficiais do ensino francés en éuscaro
A federación de escolas de ensino de inmersión en éuscaro, Seaska, reuniu na cidade vascofrancesa de Baiona 1500 persoas que participaron nunha cadea humana para reivindicar a opción de realizar os exames oficiais de ensino secundario na lingua vernácula.
Fonte: Sud Ouest
O mundo conmemora o Día Internacional da Lingua Materna

Como cada 21 de febreiro, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) conmemora en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna que pon de manifesto que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión social para non deixar ninguén atrás. Este ano o tema escollido é "O uso da tecnoloxía para a aprendizaxe multilingüe: desafíos e oportunidades".
Fonte: UNESCO
Unha nova escola internacional en Luxemburgo terá o portugués como terceira lingua no ensino secundario
O ministro de Educación de Luxemburgo, Claude Meisch, anunciou a apertura da Escola Internacional Gaston Thorn que ofrecerá o portugués como terceira lingua de opción no ensino secundario.
Fonte: Contacto
Dous novos proxectos buscan incrementar o número de falantes de linguas indíxenas no Canadá
O goberno da provincia canadense de Manitoba anunciou a aprobación de dous novos proxectos que buscan incrementar o número de falantes e intérpretes de linguas indíxenas.
Fonte: CBC
O suahili é recoñecido como lingua de traballo da Unión Africana
As xefaturas de Estado e de Goberno da Unión Africana aprobaron a consideración do suahili como lingua de traballo da institución despois de aceptar a proposta do vicepresidente tanzano Philip Mpango.
Fonte: Waltainfo
O Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias mostra a súa preocupación polo tratamento que Polonia está dando ao alemán no ensino
O Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias mostrouse preocupado pola recente redución do número de horas de instrución das linguas minoritarias en Polonia, en concreto do alemán.
Fonte: Council of Europe
Boletín
Subscríbase ao boletín