Mundo

Un xornalista publica unha nova gramática de kimbundo en Angola

Un xornalista angolano publica unha nova gramática de lingua kimbundu que axudará a suplir a falta de manuais escritos nas linguas nacionais de Angola.

Fonte: DW

Créase unha licenciatura de lingua e literatura portuguesas en Eslovenia

O Instituto Camões anuncia a creación dunha licenciatura de Lingua e Cultura Portuguesas na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de Liubliana, Eslovenia.

Fonte: SIC Notícias

Medran os ataques contra a sinalización bilingüe en Irlanda do Norte

O número de actos vandálicos contra sinais en gaélico irlandés ou bilingües multiplicouse nos últimos anos en Irlanda do Norte.

Fonte: Jornalet

Unha obra académica constata que continúa alta a demanda de profesionais que falen portugués na China

Un estudo académico elaborado por dúas profesoras universitarias de Aveiro e Lisboa constata que a demanda de profesionais que falen portugués continúa alta entre o estudantado chinés.

Fonte: Diário de Notícias

Entra en vigor en Ucraína a lei que obriga os xornais nacionais a usaren a lingua oficial

Entra en vigor en Ucraína a lei que obriga os xornais nacionais a publicaren en ucraíno. A norma non prohibe a publicación en ruso sempre e cando exista unha versión do publicado na lingua oficial.

Fonte: Radio Free Europe

Os dialectos do chinés están en declive en toda a China

Os dialectos do chinés como o chinés wu da zona de Shanghai ou as linguas rexionais da China, como o uigur e o mongol, están cada vez máis ameazadas polas políticas de incentivo do chinés mandarín.

Fonte: The Guardian

O Reino Unido introducirá cambios no ensino medio para que máis alumnado decida estudar linguas estranxeiras

A partir de 2024, o Goberno do Reino Unido introducirá unha reforma do Certificado Xeral de Educación Secundaria (GCSE, polas súas siglas en inglés) que pretende facer máis atractivo o estudo de linguas para o alumnado.

Fonte: GOV.UK

O Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece cursos intensivos de inverno

O BabeliUM, Centro de Linguas da Universidade do Miño, ofrece este inverno unha formación intensiva de varios idiomas como o alemán, francés e inglés no campus de Gualtar en Braga.

Fonte: O Minho

Unha acción pretende evitar a desaparición dun xornal escrito en lingua galesa

A activista galesa Angharad Tomos e outros dous columnistas do xornal Yr Herald Cymraeg pediron aos lectores que leven a cabo unha protesta sobre a redución dos contidos en galés co fin de evitar que o diario desapareza.

Fonte: Nation Cymru 

Unha rara escritura africana podería axudar a descifrar a evolución da lingua escrita

Segundo o antropólogo lingüístico Piers Kelly, da Universidade de Nova Inglaterra, Australia, a escritura Vai, creada en 1834 por oito persoas analfabetas de Liberia podería darnos pistas sobre como evolucionou a escrita humana.

Fonte: Science Alert

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder