Mundo
O Instituto Camões fai entrega en Luxemburgo dos certificados de proficiencia de lingua portuguesa

Centenas de mozos e mozas e as súas respectivas familias achegáronse ao Instituto Camões de Luxemburgo para recibiren os seus certificados de proficiencia en lingua portuguesa. Foron máis de 350 as persoas que recibiron o convite para a cerimonia de entrega, unha iniciativa que contou coa presenza de António Gamito, embaixador de Portugal en Luxemburgo.
Fonte: Bom dia
A canción galega "Ai-lalelo" subcampioa no Eurovisión da intelixencia artificial
A canción galega Ai-lalelo, do grupo PAMP conseguiu o segundo premio no AI Song Contest, na cidade belga de Liexa.
Fonte: NIUS
FIFA incorpora a lingua árabe á súa plataforma web
A plataforma FIFA+ ofrece a partir de agora contidos en lingua árabe. Alén desta lingua, o indonesio, o italiano, o xaponés e o coreano son as novas traducións incorporadas á plataforma que xa está dispoñible nun total de dez idiomas.
Fonte: FIFA
O mundo celebra o Día Mundial do Suahili
Con máis de 200 millóns de falantes, o mundo celebra o Día Mundial do Suahili, unha conmemoración proclamada polas Nacións Unidos para reinvindicar e potenciar o seu uso.
Fonte: The Irish Men
A Cámara dos Deputados do Brasil aproba un proxecto de lei para a cooficialización das linguas indíxenas

A Comisión de Xustiza e Cidadania da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou o proxecto de lei que permitirá a cooficialización das linguas indíxenas nos municipios brasileiros.
Fonte: Correio Braziliense
Abre en Florencia o Museo Nacional do Italiano

O antigo mosteiro da Santissima Concezione, no complexo de Santa Maria Novella, en Florencia, é o espazo escollido para albergar o Museo Nacional do Italiano (Mundi) que acaba de abrir as súas portas ao público.
Fonte: Artemagazine
Unha serie busca visibilizar e promover o uso das linguas indíxenas que se falan na Arxentina
A canle de televisión infantil arxentina Pakapaka estreou a serie de televisión Poemas de la Tierra que aspira a promover e difundir as linguas indíxenas que se falan na Arxentina.
Fonte: La Nueva Mañana
Un partido galés apoia a campaña para que o País de Gales se presente como tal ao festival de Eurovisión
O partido galés Plaid Cymru pide ao Goberno do País de Gales que apoie a iniciativa que aspira a que esta nación do Reino Unido se poida presentar por separado ao festival de Eurovisión. O partido espera ademais que esta iniciativa permita visibilizar a lingua galesa internacionalmente.
Fonte: Escextra
Unha iniciativa sobre a tradución abrangue 127 títulos escritos en lingua portuguesa

A Liña de Apoio á Tradución e Edición (LATE) abrangue este ano 127 títulos escritos en portugués e traducidos a 32 linguas de 34 países. A Dirección Xeral do Libro, dos Arquivos e das Bibliotecas (DGLAB), e o Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua, promoven esta iniciativa.
Fonte: Rádio Comercial
O uso comercial de varias palabras en galés levanta unha polémica no País de Gales
Falantes de galés en Gales expresaron a súa indignación despois de que unha empresa decidise rexistrar comercialmente a palabra "cariad", que significa "amor".
Fonte: NZ Herald
Boletín
Subscríbase ao boletín