Mundo

Unha universidade británica pecha os seus estudos de linguas modernas

O sindicato universitario do Reino Unido UCU lamenta que a Universidade Leeds Beckett decidise pechar todos os estudos de linguas modernas a partir do novo semestre.

Fonte: UCU

A Universidade de Madeira oferta un curso de portugués para persoas estranxeiras

A Universidade de Madeira (Portugal) oferta a partir do outono un curso de portugués como lingua non materna.

Fonte: Dnoticias

A Oficina Pública da Lingua Occitana presenta un plan que aposta pola introdución do occitano no ensino superior

Dentro do seu plan de acción que promove o ensino en occitano na educación secundaria, a Oficina Pública da Lingua Occitana aposta agora pola introdución desta lingua no ensino universitario.

Fonte: Jornalet

Desenvolven un novo sistema de comunicación a partir dunha lingua indíxena australiana

Un grupo de investigadores e investigadoras procedentes de Australia desenvolveron un sistema de comunicación tomando como base unha lingua indíxena do Territorio do Norte de Australia. Este novo sistema permitirá axilizar a comunicación entre as persoas e as máquinas.

Fonte: ABC

Un municipio brasileiro oficializa o uso da lingua polaca

Áurea, un municipio brasileiro de Río Grande do Sur, recoñeceu a lingua polaca como oficial xunto ao portugués, en recoñecemento da súa importante comunidade polaca.

Fonte: Notes from Poland

O Goberno de Gales quere promover e garantir a atención sanitaria en lingua galesa

A ministra de Saúde do Goberno do País de Gales, Eluned Morgan, anunciou un novo servizo de asistencia que garantirá a atención sociosanitaria en lingua galesa.

Fonte: Wales247 

Corea do Sur contará cun lectorado de lingua portuguesa

O presidente do Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua, João Ribeiro de Almeida, anunciou a creación dun lectorado de lingua portuguesa en Corea do Sur a partir do 2023.

Fonte: Observador

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo celebra o seu primeiro aniversario tras a reapertura

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo está a celebrar o seu primeiro aniversario tras a reapertura. Neste período recibiu 260 000 visitantes.

Fonte: Globo

Un grupo de científicos estadounidenses identifica no cerebro o centro universal da linguaxe

Un grupo de neurocientíficos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) e da Universidade de Harvard descubriron que unha determinada zona do cerebro é utilizada para o procesamento da linguaxe en decenas de linguas diferentes.

Fonte: Canaltech

Nenas e nenos de Ucraína asentados en Estonia asisten a campamentos de verán para aprenderen a lingua estoniana

Nenas e nenos procedentes de Ucraína asentados en Estonia, que fuxiron da guerra no seu país, asisten a campamentos de verán para melloraren os seus coñecementos da lingua estoniana.

Fonte: ERR

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder