Mundo

Unha localidade do País Vasco francés dálle prioridade ao éuscaro na sinalización

Unha asociación a prol do éuscaro da localidade vascofrancesa de Saint-Jean-Pied-de-Port (Donirane Garazi, en éuscaro) decidiu mudar a orde dos topónimos e dar prioridade á denominación en lingua vernácula na sinalización de entrada á poboación.

Fonte: Mediabask

Un proxecto aspira a promover eventos de música en galés na cidade de Swansea

A iniciativa da lingua galesa da cidade de Swansea revelou un proxecto que fomentará a organización de eventos musicais en galés nesta localidade galesa nos próximos dous anos.

Fonte: Nation Cymru

O Goberno do Canadá rexeita conceder unha bonificación a traballadores bilingües que falen unha lingua indíxena

Desde finais dos anos setenta do pasado século, o Goberno do Canadá concede bonificacións a aquelas persoas traballadoras que empreguen o francés e o inglés no ámbito laboral. Porén, o Goberno rexeita conceder a mesma gratificación a aquelas persoas que, ademais dunha lingua oficial, falen unha lingua indíxena.

Fonte: The Guardian

A lingua española poderase empregar nos tribunais de Abu Dhabi

Unha axencia de noticias de Emiratos Árabes anunciou que os tribunais da cidade de Abu Dhabi permitirán a partir de agora presentar demandas e formularios en lingua española.

Fonte: Heraldo

Un grupo de investigadores descifra unha lingua da Idade de Bronce

Un grupo internacional de investigadores afirma ter descodificado a antiga lingua linear elemita, utilizada na Idade de Bronce pola civilización de Elam, natural do territorio que hoxe corresponde ao sur de Irán.

Fonte: Haaretz

Irlanda do Norte aposta por incrementar as escolas de inmersión en gaélico irlandés

O partido SINN Féin de Irlanda do Norte recibiu varias propostas para abrir novas escolas de inmersión en gaélico irlandés e duplicar así o número de centros deste tipo.

Fonte: Belfast media

Crean unha aplicación de tradución automática para a lingua nheengatu

Un grupo de científicos brasileiros da Universidade Federal do Ceará elaborou unha aplicación que permite traducir automaticamente textos en nheengatu, a única lingua viva descendente do tupí antigo.

Fonte: Brasil de Fato

Entregan as Medallas Goethe para premiar a difusión da lingua alemá

O Instituto Goethe entregou as súas Medallas Goethe 2022 a tres persoas de Exipto, India e Suráfrica co fin de honrar o seu labor na difusión e promoción da lingua alemá no mundo. 

Fonte: DW

Un municipio mexicano introduce o ensino obrigatorio da lingua náhuatl

O municipio mexicano de Hueyapan, no estado de Puebla, decidiu aprobar o ensino obrigatorio da lingua náhuatl nas escolas locais.

Fonte: El Sol de Cautla

Dous mozos deseñan o primeiro teclado dixital de linguas amazónicas

Dous estudantes do Brasil crearon o primeiro software que permite escribir caracteres especiais de máis de 40 linguas indíxenas da Amazonia.

Fonte: Globo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder