Mundo
Un municipio do Brasil podería recoñecer oficialmente a lingua talian, dialecto de orixe italiana
Farroupilha, un municipio brasileiro do estado de Río Grande do Sur, está a punto de aprobar a oficialización do talian, dialecto italiano falado pola comunidade procedente do norte de Italia.
Fonte: Pioneiro Geral
Aproban no sur de Gales a construción dunha escola de primaria de inmersión en galés
O municipio de Blaenau Gwent, no sur do País de Gales, aprobou a construción dunha nova escola de ensino primario de inmersión en galés. O centro contará con 210 alumnos e alumnas.
Fonte: South Wales Angus
Increméntase o número de alumnado que escolle estudar mirandés nas escolas
No Agrupamento de Escolas de Miranda do Douro, no distrito portugués de Bragança, a maioría de alumnas e alumnos, o 79 %, escolleu a materia de Lingua e Cultura Mirandesas. Isto supón un notable incremento respecto a anos anteriores.
Fonte: Público
Defenden a utilización das linguas locais no ensino de Angola
Un especialista e profesor universitario criticou que Angola siga utilizando o portugués como única lingua do ensino e avoga por introducir as linguas locais como vehículo de instrución.
Fonte: VOA
O Ministerio de Economía de Letonia empregará exclusivamente o letón nas súas comunicacións
A ministra de Economía de Letonia, Ilze Indriksone, anunciou que o seu ministerio empregará a partir de agora o letón de xeito exclusivo para se comunicar coa súa clientela.
Fonte: Baltic News Network
As escolas lituanas deixarán de ofrecer o ruso como segunda lingua estranxeira
A ministra de Educación de Lituania, Jurgita Siugzdiniene, anunciou que as escolas públicas do país báltico deixarán de ofertar o ruso como segunda lingua estranxeira.
Fonte: Sada El balad
O Tribunal Superior de Xustiza da UE permite a Letonia empregar o letón como única lingua de instrución no ensino universitario
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu o visto e prace a unha lei letoa que obriga as universidades a impartiren as materias unicamente na lingua nacional.
Fonte: Courthouse News Service
A maioría dos centros de ensino de Estonia terá o estoniano como lingua de instrución
O ministro de Educación de Estonia, Tõnis Lukas, anunciou que o estoniano vai ser no próximo curso a única lingua de instrución na maioría dos centros educativos do país.
Fonte: BNN
A institución responsable da seguridade social de Finlandia ofrece un servizo de interpretación simultánea a persoas que non falen finés
Kela, a institución da seguridade social de Finlandia, ofrecerá un servizo de interpretación instantánea ás persoas que non falen finés ou sueco.
Fonte: YLE
Medra o número de persoas que non falan ningunha lingua nacional como primeiro idioma en Suíza
A Oficina Federal de Estatística de Suíza revelou que no ano 2020 un 23 % das persoas residentes no país alpino falan como primeiro idioma unha lingua diferente ás catro linguas nacionais, o que supón un aumento de catro puntos porcentuais respecto ao 2010.
Fonte: 20 minutes
Boletín
Subscríbase ao boletín