Mundo
O Ministerio de Cultura do Perú inicia o proceso de acreditación lingüística a servidores públicos
O Ministerio de Cultura do Perú anunciou que en breve iniciará o proceso de acreditación lingüística en quechua aos servidores públicos que brinden atención nesta lingua.
Fonte: Radio Nacional
Diferentes organizacións demandan a líderes mundiais que presionen a China para que deixe de suprimir a lingua tibetana no Tíbet
Nun acto en Dharamshala (India), a Rede Internacional polo Tíbet e o Partido Nacional Democrático do Tíbet solicitaron aos líderes do G7 que presionen o Goberno da China para que deteña a opresión contra a lingua e cultura tibetanas no Tíbet.
Fonte: The Tibet Post
O Goberno de Gales creará a figura dos "embaixadores da lingua" para apoiar as comunidades de fala galesa
O Goberno do País de Gales quere reforzar e apoiar as comunidades de fala galesa coa figura dos "embaixadores da lingua" que terán a función de integrar persoas foráneas que decidan instalarse en Gales.
Fonte: BBC
Unha canle de televisión presenta unha campaña para reforzar os lazos culturais e lingüísticos de toda a lusofonía

A canle de televisión Record TV presentou a campaña "Falamos a mesma Língua" coa intención de reforzar os lazos que unen os diferentes acentos e variedades da lingua portuguesa.
Fonte: Record TV Europa
As persoas de entre 18 e 25 anos poderán inscribirse en cursos gratuítos de galés
O Goberno do País de Gales concede cursos gratuítos de lingua galesa ás persoas novas de entre 18 e 25 anos e a persoal do ámbito educativo co obxectivo de incrementar o número de falantes en todo o País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
Un estudo universitario revela que a linguaxe dos bebés comparte trazos comúns en varias linguas
Un estudo realizado por investigadoras e investigadores das universidades de York (Reino Unido) e Aarhus (Dinamarca) revelou que a linguaxe dos bebés comparte os mesmos trazos en diferentes linguas.
Fonte: Univeristy of York
Unha emisora de radio de Kenya loita por salvar da extinción unha lingua falada nas marxes do lago Vitoria
Un grupo de xornalistas de Kenya fundou a radio Ekialo Kiona Suba Youth co obxectivo de manter viva a lingua olusuba, falada polo pobo Suba, orixinario das beiras do lago Vitoria.
Fonte: IJNET
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo abrirá unha exposición sobre a diversidade das linguas indíxenas
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo inaugura a exposición "Nhe'ẽ Porã: memória e transformação" que pon o foco na diversidade das linguas indíxenas.
Fonte: Publishnews
Falantes de cantonés de todo o mundo mostran preocupación polo futuro da lingua
O uso da lingua cantonesa, falada orixinariamente na provincia de Guangdong, no sur da China, está retrocedendo tanto na zona de orixe como en diferentes lugares do mundo onde hai unha importante comunidade de emigrantes procedentes desta zona. Ante esta situación, un importante número de falantes teme que esta lingua non sobreviva os cambios sociais e políticos da actualidade.
Fonte: Voa News
O Goberno de Irlanda aproba un novo programa de cursos de gaélico para o funcionariado
Varios ministerios do Goberno da República de Irlanda anunciaron a creación dun novo programa de cursos de competencia en gaélico irlandés para o funcionariado público.
Fonte: Gov.ie
Boletín
Subscríbase ao boletín