Mundo
A comunidade ugandesa en Australia abre unha escola para ensinar a lingua luganda
A comunidade ugandesa afincada en Australia uniu esforzos para abrir unha escola onde as novas xeracións aprenden a lingua nativa luganda e manteñen os lazos culturais co país das súas orixes.
Fonte: Africa News
O Goberno de Luxemburgo reforzará o ensino do portugués no Gran Ducado
O ministro de Educación de Luxemburgo, Claude Meisch, asinou dous protocolos que permitirán reforzar o ensino do portugués nos centros públicos e a promoción do ensino das linguas oficiais do país entre as persoas adultas co fin de mellorar a integración de todas as familias.
Fonte: Dnotícias
Introducen o ensino da lingua chinesa nas escolas públicas de Camboxa
Un acordo coa China permitirá que o chinés mandarín sexa materia obrigatoria nas escolas secundarias de Camboxa. O profesorado teme que isto poida pór en risco a cultura e soberanías camboxanas.
Fonte: Radio Free Asia
Unha canle de televisión privada de Turquía emite programas infantís en kurdo
A canle de televisión privada Zarok TV emite programación infantil en Turquía co obxectivo de que as crianzas manteñan viva a súa lingua materna xa que esta non se ensina nas escolas.
Fonte: Nationalia
Descobren a frase máis antiga escrita en lingua alfabética

Descobren en Israel a primeira frase completa coñecida en cananeo gravada nun peite de almafí de hai 3700 anos. A inscrición anima a liberarse dos piollos e reza textualmente: "Que estes dentes acaben cos piollos do cabelo e a barba”.
Fonte: The Guardian
O incremento das segundas residencias e os efectos do Brexit están pondo en risco a supervivencia da lingua galesa

O Comité para as Comunidades de Fala Galesa revelou que a adquisición de segundas residencias por persoas anglófonas en certos lugares do País de Gales e os efectos derivados do Brexit poden estar afectando o galés como lingua das comunidades locais e podería pór en risco a súa supervivencia.
Fonte: The Guardian
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo vai contar cunha programación especial
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo vai contar con programación especial e entradas de balde por causa da conmemoración do Mes da Conciencia Negra.
Fonte: Mundo Negro
Google traballa nun modelo de intelixencia artificial capaz de apoiar 1000 linguas
A empresa estadounidense Google está traballando nun modelo de intelixencia artificial xigante que podería apoiar as 1000 linguas máis faladas do mundo.
Fonte: Analytics Insight
As linguas que falamos poden influír no xeito de entendermos as dimensións de espazo e tempo
Dous xornalistas científicos anglófonos, Miriam Frankel e Matt Warren, publicaron un ensaio que revela que as linguas que falamos poden ter un impacto significativo na maneira de percibirmos o tempo e o espazo. As persoas bilingües, por exemplo, poden ter dúas percepcións de tempo diferenciadas, especialmente se aprenden as dúas linguas desde unha idade temperá.
Fonte: BBC
O Consello de Europa celebra o 30 aniversario da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
O 5 de novembro de 1992, once estados membro do Consello de Europa asinaban un acordo para protexer e salvagardar a riqueza cultural e lingüística de Europa. Desta alianza nacía a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias que agora fai 30 anos.
Fonte: Council of Europe
Boletín
Subscríbase ao boletín