Mundo

A necesidade de superar unha proba de lingua inglesa representa un obstáculo para o corpo de profesionais da enfermaría no Reino Unido

As persoas que desempeñen labores de enfermaría no Reino Unido deben realizar e aprobar un exame de coñecementos da lingua inglesa. Esta medida está a frustrar as esperanzas de moitas persoas á hora de acceder a postos de enfermaría no Reino Unido.

Fonte: The Economic Times

Activistas galeses protestan en Anglesey para reclamar maior protección para as comunidades de fala galesa

A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith colocan adhesivos en carteis de venda de segundas residencias na illa de Anglesey para demandar maior protección para as comunidades de fala galesa.

Fonte: Nation Cymru

Nixeria introduce o ensino das linguas locais nas escolas primarias

O Goberno de Nixeria aprobou unha nova lei de linguas nacionais que introduce o ensino dos idiomas locais nas escolas primarias.

Fonte: Aljazeera

Anuncian a apertura dun centro de lingua macedonia en Grecia

A localidade grega de Florina é o lugar escollido para a apertura do primeiro centro de idioma macedonio de Grecia cuxo obxectivo é a preservación desta lingua eslava no país heleno.

Fonte: Balkan Insight

Irlanda investirá dous millóns de euros na realización de contidos de radio e televisión en gaélico

A Autoridade de Radiodifusión de Irlanda (BAI, polas súas siglas en inglés) anunciou ao Goberno da República de Irlanda que investirá dous millóns de euros na elaboración de programación de radio e televisión en gaélico irlandés.

Fonte: Gov.ie

A cidade galesa de Swansea precisa de máis escolas primarias de inmersión en galés

Activistas e asociacións de familias demandan máis escolas de ensino primario que ofrezan inmersión en galés na cidade galesa de Swansea. Aseguran que a oferta é moi inferior á demanda.

Fonte: BBC

A OMS cambia o nome en inglés da enfermidade da varíola do mono para evitar a linguaxe racista e estigmatizante

A Organización Mundial da Saúde (OMS) anunciou o cambio de nome da varíola do mono, que a partir de agora se denominará "mpox", como abreviación do orixinal inglés "monkeypox", co fin de evitar "a linguaxe racista e estigmatizante".

Fonte: RNZ

 

Preséntase en Lisboa o Dicionario da Lingua Portuguesa Medieval

Unha libraría de Lisboa acollerá a presentación do Dicionário da Língua Portuguesa Medieval (DLPM), resultado dun proxecto do Centro de Lingüística da Universidade Nova de Lisboa (UNL).

Fonte: Diário de Notícias

Un milleiro de persoas maniféstase en Bordeos para demandar a realización de exames de secundaria en éuscaro

A federación de escolas de inmersión en éuscaro do País Vasco francés, Seaska, reuniu un milleiro de persoas na cidade francesa de Bordeos para reclamar que o alumnado de secundaria poida realizar os seus exames oficiais nesa lingua.

Fonte: Rue89Bordeaux

Unha votación popular escollerá por primeira vez a palabra do ano da lingua inglesa

O equipo de lexicografía da Oxford University Press anunciou que unha votación popular escollerá este ano a mellor palabra do ano da lingua inglesa.

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder