Mundo
As escolas de lingua rusa en Estonia deberán agora ensinar en estoniano
Segundo a nova lei aprobada polo Parlamento de Estonia, as escolas e institutos de lingua rusa deste país báltico deberán agora mudar a súa lingua de instrución para o estoniano, o idioma nacional.
Fonte: Estonian World
Un estudo revela que a lingua galesa está en desvantaxe nas redes sociais
Un estudo elaborado pola Universidade de Swansea, en Gales, revelou que as redes sociais poden ameazar o futuro da lingua galesa e pór en risco a saúde mental dos seus falantes.
Fonte: Nation Cymru
Critican o atraso na promoción dos crioulos de Cabo Verde e Guinea-Bissau
Varios lingüistas de Cabo Verde e Guinea-Bissau critican o atraso na promoción e consideración dos crioulos caboverdiano e guineano como linguas nacionais destes dous países lusófonos.
Fonte: RTP
Un grupo de nenas e nenos procedentes de Ucraína aprende galés en 11 semanas
Un grupo de nenas e nenos refuxiados procedentes de Ucraína aprende galés en 11 semanas co fin de melloraren a súa integración na cultura galesa.
Fonte: BBC
Deteñen nos tribunais a construción do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança
O Museo da Lingua Portuguesa da cidade portuguesa de Bragança está bloqueado nos tribunais por un litixio xudicial. A obra estaba proxectada desde hai máis dunha década.
Fonte: Mundo Lusíada
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Árabe

Como cada 18 de decembro, as Nacións Unidas conmemoraron en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Árabe, un dos idiomas oficiais deste organismo internacional. O tema deste ano é a contribución da lingua árabe á civilización e á cultura mundiais.
Fonte: Daily Trust
Nace unha asociación para promover as literaturas de expresión portuguesa en Europa
Nace en París a Unión Europea de Escritores de Lingua Portuguesa (UEELP) co obxectivo de promover no continente europeo a produción literaria en portugués.
Fonte: Publishnews
"Woman" convértese na palabra do ano 2022 da lingua inglesa
O dicionario de inglés en liña Dictionary.com escolleu "woman" como a palabra do ano 2022. A elección da palabra non é aleatoria xa que revela a importancia que están adquirindo na actualidade os asuntos de xénero e identidade nas conversas cotiás.
Fonte: The Guardian
Unha profesora de Anglesey desenvolve un proxecto de ensino do galés na Arxentina
A profesora galesa Beth Owen, orixinaria da illa de Anglesey, ensina galés na rexión arxentina da Patagonia, no marco dun proxecto do British Council que promove a aprendizaxe desta lingua nas comunidades arxentinas de orixe galesa.
Fonte: North Wales Chronicle
Rusia prohibe o uso de palabras de orixe estranxeira
O Parlamento de Rusia aproba unha lei que prohibe o uso de palabras estranxeiras na lingua rusa. A única excepción será o uso de palabras estranxeiras que non teñan equivalente en ruso.
Fonte: EuroWeekly
Boletín
Subscríbase ao boletín