Mundo
Un estudo revela que a maioría dos caboverdianos queren o crioulo como lingua oficial do arquipélago
O estudo Afrobarometro revelou que na actualidade a maior parte da cidadanía caboverdiana apoia o recoñecemento do crioulo caboverdiano como lingua oficial a par do portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
Nun atol do Pacífico existe unha lingua falada só polos homes
En Sapwuahfik, un pequeno atol do Pacífico situado na rexión da Micronesia, os homes falan un curioso idioma, o ngatikese crioulo que naceu como unha fusión entre o inglés e o dialecto ngatikese, unha variedade do pohnpeiano.
Fonte: ACV
Unha manifestación demanda medidas de protección para a lingua galesa
Centos de persoas acudiron a unha manifestación no condado galés de Carmarthenshire para demandar máis medidas de protección para a lingua galesa despois de que os últimos datos do censo revelasen unha forte caída de falantes nesta zona.
Fonte: BBC
O estudo do frisón desaparece no ámbito universitario dos Países Baixos
A Universidade de Groninga, único lugar onde se podía obter unha titulación de frisón nos Países Baixos, deixará de ofertar o estudo deste idioma, segunda lingua oficial do país, tras decidir non contratar ningún profesor a tempo completo.
Fonte: Dutch News
A subida do nivel do mar pode supor unha perda catastrófica de diversidade lingüística
Un grupo de lingüistas vaticinan que o cambio climático e a consecuente subida do nivel do mar podería supor a desaparición da metade das linguas faladas no mundo antes do final de século.
Fonte: The Guardian
O Goberno de Marrocos quere acelerar a oficialización da lingua tamazight
Once ministros do Goberno de Marrocos reuníronse na localidade de Khemisset para acelerar a implantación do carácter oficial da lingua tamazight coa aprobación de varios proxectos que potencian o seu uso.
Fonte: NewsESEuro
Nace un novo proxecto dixital para unificar a lingua sarda

O Colexio Científico de s’Academia de su Sardu lanzou o proxecto dixital Lemons que pretende recoller e documentar termos das diferentes variantes sardas co obxectivo final de unificar a lingua.
Fonte: ANSA
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo inaugura un ciclo de actividades gratuítas para crianzas
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo inaugura un ciclo de actividades gratuítas que inclúen obradoiros, xogos e lecturas que teñen como obxectivo ensinar ás crianzas palabras en linguas indíxenas.
Fonte: Agência Brasil
A provincia canadense de Novo Brunswick aproba unha lei que acaba coa inmersión en francés
A provincia canadense de Novo Brunswick aproba unha polémica lei de ensino do francés que substitúe as políticas de inmersión lingüística que garantían a aprendizaxe do francés nas escolas de fala inglesa.
Fonte: Global News
Un grupo de expertos da ONU expresa a súa preocupación polas políticas de asimilación cultural e lingüística no Tíbet
Un grupo de expertos das Nacións Unidas emitiron un comunicado onde expresan a súa preocupación polas políticas de asimilación lingüística e cultural exercidas pola China na Rexión Autónoma do Tíbet.
Boletín
Subscríbase ao boletín