Mundo

Un comunicado da ONU revela que un millón de nenas e nenos do Tíbet son obrigados a estudar chinés mandarín

Un comunicado emitido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) revela que arredor dun millón de crianzas tibetanas estarían sendo obrigadas a asimilar a cultura Han e a aprender o chinés mandarín.

Fonte: ONU News

A ONU mostra a súa preocupación pola redución do ensino en linguas minoritarias en Letonia

Un grupo de expertos da Organización das Nacións Unidas (ONU) anunciou que as recentes medidas do Goberno de Letonia para limitar o ensino en linguas minoritarias en beneficio do letón poderían incorrer en discriminación.

Fonte: United Nations

Cada vez máis persoas migrantes procedentes de países de lingua oficial portuguesa desexan traballar en Portugal

A ministra de Traballo de Portugal, Ana Mendes Godinho, informou de que se está a incrementar o número de persoas migrantes procedentes de países de lingua oficial portuguesa que queren vivir e traballar en Portugal.

Fonte: Mundo Lusíada

Unha serie da canle de televisión S4C explorará a historia da lingua galesa

A canle de televisión en lingua galesa S4C estreará Stori’r Iaith, unha serie que fará un repaso exhaustivo da historia da lingua galesa e a relación especial que os presentadores teñen con ela.

Fonte: Nation Cymru

Facebook terá a partir de agora o friulano como lingua de configuración

A empresa Meta anunciou que vai agora incluír o friulano como lingua de configuración na rede social Facebook.

Fonte: Meta

Lanzan unha petición en liña para salvar un festival de lingua e cultura occitanas

Lanzan unha petición en liña para demandarlle ao municipio francés de Rodez (Rodés, en occitano) que manteña e protexa Estivada, un festival interrexional de lingua e cultura occitanas.

Fonte: Jornalet

Descifran unha lingua cananea en táboas de arxila de hai 4 mil anos

Dous investigadores da Universidade de Jena, en Alemaña, e da Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres, descifraron unha antiga lingua cananea descoñecida até agora nunhas táboas de arxila de 4 mil anos de antigüidade. A lingua foi descifrada porque ao lado das inscricións aparece a correspondente tradución á lingua acadia, idioma semítico falado na antiga Mesopotamia.

Fonte: Galileu

O Goberno de Gales reforzará a economía das zonas de maior porcentaxe de falantes de galés

O Goberno de Gales destinará axudas de máis de 10 millóns de libras esterlinas ao fortalecemento da economía dos condados onde existen maiores porcentaxes de uso da lingua galesa. A idea é tamén favorecer que as persoas que abandonaron estas zonas no pasado poidan volver e atopar nelas un novo modo de vida.

Fonte: Wales Online  

Lanzan un circuíto de actuacións de música en galés

Varias asociacións do País de Gales uníronse para crear un circuíto de actuacións musicais en lingua galesa co fin de promover o seu uso na música e brindar oportunidades a artistas que a usen nas súas producións.

Fonte: Nation Cymru

O Goberno de Gales anuncia novas axudas para organizacións que animen a falar galés

O ministro de Educación e Lingua Galesa do País de Gales, Jeremy Miles, anunciou a aprobación de novas partidas orzamentarias para 36 organizacións que se encargan de incentivar o uso do galés entre a poboación.

Fonte: Llywodraeth Cymru / Welsh Government 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder