Mundo
A compañía aérea Air New Zealand opera o seu primeiro voo completamente en maorí
Co fin de promover a lingua vernácula de Nova Zelandia, a compañía Air New Zealand operou o seu primeiro voo integramente en maorí.
Fonte: Stuff
O Goberno de Irlanda aproba axudas á publicidade en gaélico irlandés e á promoción do escocés do Úlster

O ministro de estado das Gaeltacht de Irlanda, Patrick O'Donovan, anunciou a aprobación de axudas de 900 mil euros para a publicidade en gaélico irlandés e para a promoción do escocés do Úlster.
Fonte: Gov.ie
O Consello Nacional de Mulleres de Irlanda demanda a supresión da linguaxe sexista da Constitución
O Consello Nacional de Mulleres de Irlanda demanda que se celebre un referendo na República de Irlanda para poder suprimir a linguaxe sexista da Constitución irlandesa.
Fonte: Independent.ie
Dinamarca deixará de esixir o coñecemento do dinamarqués para profesionais da enfermaría que proveñan de fóra da UE
Ante unha situación de falta de persoal, Dinamarca simplificará os requisitos lingüísticos para os profesionais da enfermaría de fóra da UE que queiran traballar no país nórdico.
Fonte: RFI
O Tribunal Constitucional do Perú anula un xuízo pola falta de interpretación en lingua quechua
O Tribunal Constitucional do Perú anulou a condena a un falante de quechua que presentara un recurso pola falta de interpretación nesta lingua no xuízo xa que este feito impediu o seu dereito a defensa.
Fonte: Diario Constitucional
México contará coa Universidade das Linguas Indíxenas
O Instituto Nacional dos Pobos Indíxenas creará a Universidade das Linguas Indíxenas de México, unha escola que ten como obxectivo recuperar e fomentar o uso das linguas nacionais.
Fonte: Pie de Página
O estado mexicano do Iucatán oferta un curso de lingua maia para o funcionariado
Co fin de mellorar a atención ás persoas que falan maia, o Congreso do Estado do Iucatán impartirá de xeito permanente un curso deste idioma vernáculo para todo o seu funcionariado. Con esta medida, o estado mexicano senta un precedente en todo o país en materia lingüística.
Fonte: The Yucatan Times
Un novo programa potenciará a aprendizaxe do alemán no Reino Unido

O Goberno do Reino Unido aprobou un programa para potenciar o ensino e a aprendizaxe das linguas estranxeiras nas escolas primarias e secundarias. Parte deste programa destinarase á promoción da aprendizaxe da lingua alemá.
Fonte: GOV.UK
O turcomán é de novo lingua oficial da gobernación de Kirkuk
O primeiro ministro de Iraq, Shia al-Sudani, anunciou que o turcomán seguirá sendo lingua oficial da gobernación de Kirkuk, xunto ao árabe e ao kurdo.
Fonte: TRT World
O Parlamento da República Moldova vota o recoñecemento da lingua moldova como romanés
O Parlamento da República Moldova aprobou unha lei que recoñece que a lingua moldova pode considerarse idéntica ao idioma romanés.
Fonte: TVP World
Boletín
Subscríbase ao boletín