Mundo
Francia introducirá exames obrigatorios de francés para inmigrantes
Unha nova lei da República francesa quere introducir a realización obrigatoria dun exame de lingua francesa para inmigrantes como requisito para conseguir o permiso de residencia.
Fonte: Language Magazine
O Goberno do Xapón quere estandarizar o ensino da lingua xaponesa
O Goberno do Xapón presentou unha proposta de lei para protexer e estandarizar o traballo das escolas de ensino de xaponés co fin de garantir uns parámetros mínimos de calidade.
Fonte: The Japan Times
Un estudo revela que a poboación alemá non mostra moito interese pola linguaxe inclusiva
Un estudo elaborado pola institución pública de radiodifusión alemá WDR revelou que para case dous terzos da poboación de Alemaña a linguaxe inclusiva non xoga un papel importante.
Fonte: IFN
Propoñen que o portugués sexa considerado patrimonio inmaterial de Cabo Verde
Unha deputada do Movemento para a Democracia de Cabo Verde presentou un proxecto de lei para que o portugués sexa patrimonio cultural inmaterial por ser unha parte importante da historia do arquipélago.
Fonte: Expresso das Ilhas
Bangladesh demanda que o bengalí sexa lingua oficial das Nacións Unidas
Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, o Goberno de Bangladesh solicitou á Organización das Nacións Unidas que esta adopte a lingua bengalí como idioma oficial.
Fonte: Business Standard
O Goberno Rexional dos Azores lanza un concurso literario para promover a lingua materna das comunidades inmigrantes

A Dirección Rexional das Comunidades do Goberno dos Azores, en colaboración coa compañía aérea SATA Azores Airlines, lanzou o concurso "Saudades da Terra" co fin de promover a produción literaria nas linguas maternas das diferentes comunidades inmigrantes do arquipélago.
Fonte: Açoriano Oriental
Un estudo revela que a lingua mirandesa está nunha situación crítica
Un estudo elaborado pola Universidade de Vigo revelou que o abandono da lingua mirandesa por parte de entidades públicas e privadas de Miranda do Douro está abocando a segunda lingua oficial de Portugal a unha situación crítica.
Fonte: Bom dia
O Departamento das Gaeltacht de Irlanda aproba un fondo para apoiar o ensino do gaélico nas escolas
O Departamento das Gaeltacht (zonas de fala gaélica) da República de Irlanda aprobou un fondo de medio millón de euros para apoiar o ensino do gaélico nas escolas por medio da contratación de auxiliares lingüísticos.
Fonte: Galway Daily
Estonia anuncia a publicación do seu dicionario oficial de estoniano tanto en liña como en papel
O Instituto da Lingua Estoniana revelou a publicación do seu dicionario oficial de estoniano para o ano 2025. A obra de referencia publicarase tanto en liña como en papel.
Fonte: ERR
O mundo conmemora o Día Internacional da Lingua Materna

Como cada 21 de febreiro, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) conmemora en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna co fin de lembrar a responsabilidade de todas as persoas e Estados na promoción e protección do plurilingüismo e da diversidade lingüística e cultural. Este ano a UNESCO lembra a importancia e a necesidade de educar as crianzas nas súas linguas maternas.
Fonte: UNESCO
Boletín
Subscríbase ao boletín