Mundo

O Parlamento de Portugal rexeita unha proposición que asociaba a adquisición da nacionalidade ao coñecemento da lingua portuguesa

O Parlamento de Portugal rexeitou unha proposta do partido de extrema dereita Chega de introducir na Constitución portuguesa o deber de coñecer a lingua portuguesa para poder adquirir a nacionalidade.

Fonte: Política ao Minuto

Unha iniciativa ofrece visitas guiadas para persoas que aprenden galés

Volta a iniciativa "Ar Droed", "a pé", que busca incentivar o uso do galés con visitas guiadas de lugares destacados de Gales dedicadas a persoas que aprendan galés e falantes nativos.

Fonte: Nation Cymru

A nova ministra de Cultura do Brasil visita o Museo da Lingua Portuguesa

A ministra de Cultura do Brasil, Margareth Menezes, visitou o Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo e participou no lanzamento da Red List Brasil, unha publicación do Consello Nacional de Museos que divulga unha lista de bens culturais en perigo.

Fonte: Museu da Língua Portuguesa

Liberan en Irán unha coñecida activista de lingua kurda

Liberan en Irán a Zahra Mohammadi, unha coñecida activista que fora detida por ensinar a lingua kurda e por fundar unha organización cultural que defendía os dereitos culturais da comunidade kurda en Irán.

Fonte: K24

Catrocentas familias da cidade sarda de L'Alguer demandan clases en catalán

A simplificación dos trámites e a maior formación do profesorado permitiu que 400 familias da cidade sarda de L'Alguer solicitasen o ensino da lingua catalá en actividades curriculares e extraescolares nas escolas. 

Fonte: VilaWeb

A BBC incorpora filmes en córnico á súa plataforma de vídeos iPlayer

A BBC, o servizo público de radio e televisión do Reino Unido, incorporou catro filmes gravados en córnico á súa plataforma iPlayer de vídeos baixo demanda.

Fonte: Cornwall Council

Reclaman a oficialización da lingua inuktitut no Canadá

O presidente da Sociedade Makivik, a organización que representa legalmente os pobos inuit do Canadá, fixo un chamamento ao Goberno canadense para que oficialice a lingua inuktitut en todo o país.

Fonte: Nunatsiaq News

O País de Gales celebra o Día da Música en Galés

O País de Gales celebra unha nova edición do seu Día da Música en Galés co fin de honrar as músicas de raíz en galés e promover a súa difusión. 

Fonte: Llywodraeth Cymru / Welsh Government

O uso do estoniano como única lingua de instrución en Estonia crea novas prazas de profesorado

A medida que introduce o estoniano como única lingua de instrución nas institucións educativas estonianas provocou unha demanda no número de prazas para profesorado. As universidades de toda Estonia ofertarán un total de 400 prazas en cursos de formación para postos docentes.

Fonte: ERR

Os supermercados Lidl reciben un recoñecemento oficial polo seu uso da lingua galesa

Os supermercados Lidl recibiron o prestixioso recoñecemento Cynnig Cymraeg que o Comisario da Lingua Galesa outorga ás empresas polas súas boas prácticas de uso e promoción do galés.

Fonte: Western Telegraph

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder