Mundo
Un proxecto de lei quere garantir o acceso á xustiza brasileira das persoas xordas e cegas por medio da lingua de signos e o braille
Presentan no Senado do Brasil un proxecto de lei para que as persoas xordas e cegas teñan acceso á xustiza por medio da lingua de signos e o braille.
Fonte: Rádio Senado
Arredor de 13 000 rusos residentes en Letonia deberán facer un exame de letón para non perder o permiso de residencia
Uns 13 000 cidadáns rusos que residen en Letonia expóñense á perda do seu permiso de residencia se non acceden a facer un exame de proficiencia de lingua letoa.
Fonte: ERR
As linguas nativas de Rusia están desaparecendo máis rápido do que revelan os datos
Un grupo de activistas e expertos independentes alertan que as linguas das minorías étnicas que viven en Rusia están desaparecendo a un ritmo moi superior ao informado nos datos oficiais.
Fonte: The Moscow Times
Exipto introduce o ensino obrigatorio do francés nas escolas públicas
O Ministerio de Educación de Exipto anunciou a introdución da lingua francesa como materia obrigatoria nas escolas públicas a partir do próximo ano lectivo.
Fonte: Middle East Monitor
As obras do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança comezarán en dous meses

Á espera de que o Tribunal de Contas faga o seu ditame definitivo, as obras do Museo da Lingua Portuguesa, que estará localizado na cidade de Bragança, poderán comezar en dous meses.
Fonte: Público
Flandres limita a anglicanización da educación superior
O ministro de Educación da rexión belga de Flandres, Ben Weyts, impedirá a instrución exclusiva en lingua inglesa nos mestrados universitarios.
Fonte: The Brussels Times
Un tribunal de Córsega prohibe o uso da lingua corsa no parlamento local
Tendo como base a constitución francesa, un tribunal da cidade de Bastia decretou que o francés é a única lingua válida no exercicio dos cargos públicos na illa de Córsega. A decisión levantou unha importante controversia.
Fonte: The Guardian
O Premio Océanos de literatura en lingua portuguesa contará con dúas categorías gañadoras
O Premio Océanos de literatura en lingua portuguesa abriu as inscricións da súa edición de 2023 que contará con dúas obras gañadoras, unha en poesía e outra en prosa ou dramaturxia.
Fonte: Sapo 24
Convócanse prazas de auxiliares de lingua portuguesa en Francia
O Ministerio de Educación de Francia abriu a convocatoria para se candidatar ás prazas de auxiliar de lingua portuguesa nas escolas de ensino básico e secundario.
O Goberno do Reino Unido destina 15 millóns de libras a incentivar o estudo das linguas estranxeiras

O Goberno do Reino Unido destinará 15 millóns de libras esterlinas ao incentivo da aprendizaxe de linguas estranxeiras no ensino primario e secundario no marco dun programa educativo que desenvolverá a University College de Londres.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín