Mundo
O barítono Sir Bryn Terfel cantará en galés na coroación de Carlos III
O barítono Sir Bryn Terfel cantará en galés no acto de coroación de Carlos III do Reino Unido. Trátase da primeira vez que se canta en galés neste tipo de actos.
Fonte: BBC
O Parlamento de Cabo Vede aproba a proposta que declara a lingua portuguesa como patrimonio inmaterial
O Parlamento de Cabo Verde aprobou a proposta que considera a lingua portuguesa como patrimonio inmaterial do país insular.
Fonte: Notícias ao Minuto
Portugal congratúlase polo interese que Senegal mostra pola lingua portuguesa
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, João Gomes Cravinho, participou nun encontro luso-senegalés en Dakar onde manifestou a súa satisfacción polo grande interese que Senegal mostra polo estudo da lingua portuguesa.
Fonte: Bom dia
Un filme en gaélico manx de hai 25 anos está agora dispoñible na rede
Unha iniciativa conxunta de varias produtoras presentaron en liña o filme Y Turrys Taggloo, unha produción en gaélico manx que saíu á luz por primeira vez en 1998.
Fonte: Isle of Man Today
Activistas da lingua galesa demanda que o municipio de Ceredigion adopte o galés como lingua principal de traballo
A asociación Cymdeithas yr Iaith Cymraeg demandou á autoridade unitaria de Ceredigion, no oeste do País de Gales, que comece a empregar o galés como lingua principal da administración local.
Fonte: Nation Cymru
A China ordénalles ás escolas que empreguen exclusivamente o chinés como lingua de instrución
O Goberno da China ordenoulles ás escolas da rexión autónoma da Mongolia Interior que abandonen as clases en mongol e que adopten a instrución plena en chinés mandarín.
Fonte: Tibetan Review
A cidade brasileira de Blumenau celebra a Semana da Lingua Alemá
A cidade de Blumenau, no estado brasileiro de Santa Catarina celebrará cunha intensa programación cultural a Semana da Lingua Alemá. Este ano, algúns actos contarán cos cónsules de Alemaña e Austria.
Fonte: AlexandreJose
O uso da lingua ucraína está aumentando por mor da guerra
A pesar de que Rusia prohibiu o uso da lingua ucraína nas zonas ocupadas, o uso deste idioma eslavo está a aumentar entre a poboación ucraína. Un estudo revela que o 33 % dos habitantes de Kyiv xa adoptou o ucraíno como lingua de comunicación principal.
Fonte: The Guardian
Preséntase a primeira edición dixital do Dicionario da Lingua Portuguesa da ACL

A Academia de Ciencias de Lisboa (ACL) presentou a primeira edición dixital do seu Dicionario da Lingua Portuguesa. Trátase dunha revisión do Dicionario da Lingua Portuguesa Contemporánea de 2001.
Fonte: Dnoticías
A localidade de Letterkenny acollerá un novo festival da lingua irlandesa
A cidade irlandesa de Letterkenny acollerá An Focal Beo, un novo festival que celebrará a riqueza da lingua irlandesa por medio da música, a poesía, o patrimonio e a historia.
Fonte: Donegal News
Boletín
Subscríbase ao boletín