Mundo

A embaixada de Alemaña en Romanía promete investir na promoción do ensino do alemán

A embaixada de Alemaña en Bucarest destinará 900 000 euros á promoción do ensino do alemán entre a comunidade alemá de Romanía.

Fonte: Romania Insider  

Máis de 55 estudantes da Universidade Autónoma de Aguascalientes falan unha lingua indíxena mexicana

O Departamento de Estatística Institucional da Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento da Universidade Autónoma de Aguascalientes, en México, realizou un estudo sociolingüístico que revelou que polo menos 55 estudantes falan unha lingua indíxena mexicana.

Fonte: El Clarinete

Marrocos anuncia a emisión en lingua inglesa na televisión pública

Ante o crecente interese polo inglés, o ministro de Cultura e Comunicacións de Marrocos, Mohamed Mehdi Bensaid, anunciou que creará espazos de emisión de noticias nesta lingua na televisión pública.

Fonte: Morocco World News

Decenas de personalidades lusófonas adhírense ao proxecto "Cidadania da Língua Portuguesa"

Decenas de personalidades de toda a lusofonía adheríronse ao proxecto "Cidadania da Língua Portuguesa", unha iniciativa da Asociación Portugal-Brasil 200 anos.

Fonte: Expresso50

A galardoada do Premio Camões 2021 pide a descolonización da lingua portuguesa

A escritora mozambicana Paulina Chiziane recibiu en Lisboa o Premio Camões 2021 cun discurso en que pediu "a descolonización da lingua portuguesa" para que se converta nun patrimonio de todas as persoas.

Fonte: VOA

Un curso en Moldova ofrecerá clases de romanés a persoas refuxiadas procedentes de Ucraína

Dúas universidades da República Moldova ofrecerán unha formación en lingua romanesa para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína. A iniciativa está apoiada polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)

Fonte: EU Neighbours East

Científicos escoceses desenvolven un sistema de subtitulado en gaélico para a BBC

Un grupo de científicos das universidades de Glasgow e Edimburgo están traballando nun sistema de subtitulado de gaélico escocés baseado na intelixencia artificial que podería ser empregado na BBC.

Fonte: Scottish Field

Unha iniciativa local quere transformar cinco escolas de lingua inglesa en centros de inmersión en galés

Co fin de apoiar o proxecto do Goberno de Gales de conseguir o millón de falantes de galés para o ano 2050, o municipio galés de Ceredigion quere que cinco escolas de ensino en inglés pasen ao sistema de inmersión en galés.

Fonte: Wales Online

Portugal vaticina que o portugués atinxa os 400 millóns de falantes en 2050

No marco das celebracións do Día Mundial da Lingua Portuguesa, o secretario de Estado de Asuntos Exteriores e Cooperación de Portugal, Francisco André, resaltou a proxección internacional do portugués e vaticinou que para o ano 2050 o portugués terá 400 millóns de falantes.

Fonte: ONU News

A Unesco celebra por terceira vez o Día Mundial da Lingua Portuguesa

O día 5 de maio todos os países lusófonos do mundo conmemoran o Día Mundial da Lingua Portuguesa, efeméride proclamada pola Unesco en 2019. Para conmemorar esta data, o embaixador interino de Angola na ONU afirmou que o crecemento da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa mostra que o idioma é un "instrumento de interacción entre diversos pobos".

Fonte: ONU News

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder