Mundo

O Parlamento portugués debate a protección eficaz da lingua mirandesa e do dialecto barranqueño

O Parlamento portugués debateu a vinculación plena de Portugal á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, paso imprescindible para protexer de xeito eficaz a lingua mirandesa e o dialecto barranqueño.

Fonte: RTP

O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Rusa

O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Rusa instaurado polas Nacións Unidas para apoiar e promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

Fonte: Chronicle

Convocan o Premio Literario Manuel Teixeira Gomes 2023

O municipio portugués de Portimão e a Biblioteca Manuel Teixeira Gomes convocaron a edición 2023 do Premio Literario Manuel Teixeira Gomes que ten como obxectivo estimular a creación literaria no xénero de novela en lingua portuguesa.

Fonte: Mais Algarve

Macau vai lanzar un curso de formación en lingua portuguesa para estudantes que queiran continuar estudos en Portugal

O Goberno de Macau vai lanzar un curso de formación en linga portuguesa de catro anos destinado a aqueles estudantes que queiran proseguir estudos en Portugal.

Fonte: SAPO

Funcionariado do municipio de Dili recibe certificados de formación en lingua portuguesa

No ámbito dun proxecto de reforzo da gobernación urbana e a inclusión social, un grupo de 81 funcionarias e funcionarios do municipio de Dili, capital de Timor Leste, recibiron un certificado de capacitación en lingua portuguesa.

Fonte: E-global

Un estudo revela que pode existir unha relación entre a forma do cerebro e a exposición á linguaxe

Un estudo elaborado na Universidade de East Anglia (Reino Unido) revelou que o grao de exposición á linguaxe adulta polos bebés nos seus primeiros anos de vida pode influír na formación da estrutura do seu cerebro.

Fonte: The Guardian

Un plan de acción promoverá o ensino da lingua xaponesa entre os estranxeiros

A cidade xaponesa de Hamamatsu presentou un novo plan de acción para promover o ensino da lingua xaponesa entre a poboación estranxeira.

Fonte: Portal Mie

Rusia introducirá o ensino de tres linguas africanas nas escolas

O Goberno de Rusia quere introducir o ensino de tres linguas africanas (suahili, amhárico e ioruba) en escolas seleccionadas de Moscova. O obxectivo é estreitar lazos co continente africano polo illamento internacional que o país eslavo está a sufrir a consecuencia da guerra en Ucraína.

Fonte: The Pie News

Marrocos quere ampliar o ensino da lingua tamazight nas escolas

O ministro de Educación de Marrocos anunciou que introducirá gradualmente o ensino da lingua tamazight ou bérber na educación primaria a partir do próximo curso académico. O obxectivo é que para o inicio do curso 2025-2026, o 50% das escolas poidan ofrecer ensino neste idioma.

Fonte: Morocco World News

Un proxecto investiga as interaccións sociais de migrantes lusófonos en Luxemburgo

Un proxecto sociolingüístico elaborado polos investigadores caboverdianos Bernardino Tavares e Aleida Vieira investiga as interaccións sociais, lingüísticas e laborais de persoas migrantes lusófonas en Luxemburgo.

Fonte: Expresso das Ilhas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder