Mundo
O Parlamento do País de Gales insta a aplicar un enfoque único e consistente sobre a oferta educativa en lingua galesa
A Comisión de Cultura e Lingua Galesa do Parlamento de Gales ("Senedd" en galés) concluíu no seu último informe que a provisión educativa en lingua galesa debe fortalecerse por medio dun enfoque único e máis consistente en todo o País de Gales.
As sesións do Parlamento da India contarán con interpretación en 22 linguas
Os deputados e deputadas do Parlamento da India xa non terán que recorrer ao inglés ou hindi para poder seguir as sesións parlamentarias. Un novo plan da cámara baixa permitirá ofrecer un servizo de interpretación en 22 linguas indias.
Fonte: Hindustan Times
Alxeria substituirá o francés polo inglés nas universidades
O Ministerio de Ensino Superior de Alxeria encomendou ás universidades a conformación de equipos pedagóxicos para que o inglés se converta no idioma estranxeiro principal da instrución universitaria, en detrimento do francés.
Fonte: Asharq Al-Awsat
A lingua alemá podería converterse en patrimonio histórico dun municipio do sur do Brasil
Presentan un proxecto no municipio de Santa Cruz do Sul, no estado brasileiro de Río Grande do Sur, para converter a lingua alemá en patrimonio histórico da localidade. En breve, o municipio conmemorará os 200 anos da colonización xermánica.
Fonte: GAZ
Unha luso-americana lanza unha colección de libros infantís para aprender portugués
Motivada pola necesidade de que as súas fillas aprendesen portugués, a luso-estadounidense Andrea Nunes, afincada en EUA, publicou a serie de libros Stella learns Portuguese co obxectivo de promocionar a aprendizaxe da lingua portuguesa.
Fonte: Sapo 24
O presidente de Ucraína quere que o inglés adquira un novo status no país eslavo
O presidente de Ucraína, Volodymyr Zelenskyy, quere que o inglés se converta nunha lingua de comunicación internacional no país eslavo e introducirá a obrigatoriedade de dominalo nalgúns cargos oficiais.
Fonte: Euromaidan Press
Taiwán celebra a súa diversidade lingüística cun prestixioso premio musical
Taiwán celebra a súa diversidade lingüística cos Premios Golden Melody que recoñecen o labor de artistas musicais en diferentes linguas, non só en chinés mandarín, mais tamén en taiwanés, hakka e outras linguas indíxenas.
Fonte: The National News
A biblioteca da Universidade de Yale dá acceso libre aos manuscritos redactados en turco otomano
A Biblioteca da Universidade de Yale (EUA) permitirá que estudosos e estudosas poidan ter acceso libre a manuscritos redactados en lingua turca otomá.
Fonte: Yale News
Ucraína potenciará e apoiará a aprendizaxe do inglés
O primeiro ministro de Ucraína anunciou que o estado financiará cursos de lingua inglesa para a súa cidadanía co fin de que todas as persoas poidan ser competentes neste idioma no futuro.
Fonte: Yahoo news
Dúas de cada tres escolas secundarias do Reino Unido ensinan unha única lingua estranxeira

Un estudo revela que dúas de cada tres escolas públicas de ensino secundario do Reino Unido ofrecen só unha lingua estranxeira. O idioma máis afectado por esta redución é o alemán.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín