Mundo

O primeiro ministro de Portugal defende a necesidade de reforzar o ensino do portugués en Timor Leste

O primeiro ministro de Portugal, António Costa, defendeu a importancia do ensino do portugués en Timor Leste e afirma que esta lingua forma a identidade do país asiático.

Fonte: Público

O francés deixa de ser lingua oficial en Malí

A nova constitución de Malí, aprobada en xuño cun 96,9 % de apoios, non recoñece o francés como lingua oficial. A partir de agora, 13 linguas nacionais recibirán este status.

Fonte: Africa News

Apróbase unha lei que garante o uso obrigatorio do kirguiz na administración local de Kirguizistán

O presidente de Kirguizistán, Sadyr Japarov, acaba de aprobar unha lei que quere garantir o uso obrigatorio do kirguiz no goberno e na administración do país. A nova norma prevé tamén que un 60 % das emisións da radio e televisión estean na lingua vernácula.

Fonte: Nationalia

 

A nova presidenta do Instituto Camões asume o cargo con "responsabilidade engadida"

A nova xestora das políticas públicas portuguesas para a cooperación, desenvolvemento e promoción da lingua portuguesa, Ana Paula Fernandes, anunciou que asume o liderado do Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua cunha "responsabilidade engadida".

Fonte: RTP

 

O orzamento do Instituto Camões está a ser excecutado segundo o previsto

O Goberno de Portugal anunciou que o orzamento do Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua, está a ser executado segundo o previsto e mesmo con avances significativos respecto a anos anteriores.

Fonte: RTP 

A República de Suráfrica recoñece a lingua de signos como décimo segundo idioma oficial do país

O presidente da República de Suráfrica, Cyril Ramaphosa, asinou en Pretoria a Lei da Lingua de Signos Surafricana que garante o seu recoñecemento como lingua oficial, a décimo segunda do país.

Fonte: TRT

Convócase a edición 2023 do Premio Fernão Mendes Pinto

A Asociación de Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués) convocou a nova edición do Premio Fernão Mendes Pinto que galardoa as teses de doutoramento ou mestrado que contribúan á aproximación das comunidades de lingua portuguesa.

Fonte: Expresso das Ilhas

O Goberno de Timor Leste avaliará os custos de expansión de escolas luso-timorenses

O Goberno de Timor Leste avaliará a expansión do proxecto de escolas luso-timorenses a postos administrativos do país co obxectivo de promover o coñecemento da lingua portuguesa a través da cualificación de profesores timorenses.

Fonte: Observatório da Lingua Portuguesa

O académico galego Xosé Henrique Costas defende en Portugal unha proposta para a salvagarda da lingua Mirandesa

O académico e catedrático da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, compareceu na Asemblea da República Portuguesa como experto en linguas minoritarias onde presentou unha proposta para a salvagarda da lingua mirandesa.

Fonte: Real Academia Galega 

Unha proposta parlamentaria quere integrar o mirandés na Constitución portuguesa

A Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM) informou de que o deputado polo partido Livre, Rui Tavares, presentou unha proposta para integrar a lingua mirandesa na Constitución da República Portuguesa.

Fonte: Mensageiro de Bragança

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder