Mundo

Tres cuartas partes dos falantes de catalán de Andorra cambian de lingua cando lles falan noutro idioma

Para paliar esta situación, o Goberno de Andorra convocou un concurso público para a posta en marcha dunha campaña de sensibilización destinada aos falantes de catalán para que usen esta lingua en todos os ámbitos e con calquera interlocutor.   

Fonte: Diari d'Andorra

O embaixador de Acerbaixán en Ucraína aborda o ensino da lingua acerbaixana neste país

O embaixador de Acerbaixán en Ucraína reuniuse con varios membros da Universidade Lingüística Nacional de Kiev para abordar o ensino da lingua e a literatura acerbaixana.

Fonte: Azertac

Google lanza unha ferramenta de verificación gramatical

Google acaba de lanzar unha ferramenta que ten como obxectivo mellorar a exactitude gramatical das frases e oracións directamente na barra de buscas. De momento, esta función só se pode usar nos EUA.

Fonte: AndroidTR

A Unesco edita un libro para defender a importancia da diversidade lingüística

O lingüista brasileiro Victor D. O. Santos é o autor da obra Lo que nos hace humanos, un libro que invita a reflexionar sobre o valor de todas as linguas e da diversidade das diferentes culturas e estilos de vida.

Fonte: Ansa Latina

Comeza en México a Feira das Linguas Indíxenas Nacionais 2023

Esta feira, que se desenvolverá entre os días 9 ao 12 de agosto no municipio de Felipe Carrillo Puerto, ten como obxectivo promover e difundir as linguas indíxenas de México.

Fonte: Gobierno de México

O Festival Intercéltico de Lorient organiza cursos de lingua bretoa

O Festival Intercéltico de Lorient ofrece todos os días cursos de bretón dunha duración de 40 minutos para aprender palabras básicas desta lingua, así como a súa cultura e historia.  

Fonte: Ouest-France

A Unión Europea ofrece de balde cursos en liña dos 29 idiomas oficiais

A UE, a través da súa plataforma EU Academy, ofrece cursos das 29 linguas oficiais, a maioría de niveis básicos, para practicar de xeito fácil e interactivo a través de vídeos que ofrecen situacións de inmersión no idioma seleccionado.

Fonte: Computer Hoy

Falece un dos últimos falantes de zoque-ayapaneco, unha lingua falada no estado de Tabasco

Segundo os datos do Sistema de Información Cultural de 2010, o ayapaneco ou zoque-ayapaneco, unha lingua da familia mixe-zoque, contaba nese ano con só 21 falantes, moitos deles persoas maiores.

Fonte: Central

O Goberno surcoreano ampliará a rede de institutos Rey Sejong dedicados ao ensino da lingua coreana en todo o mundo

O Goberno de Corea do Sur confeccionou un plan para mellorar as infraestruturas e redes globais para o ensino e a aprendizaxe do coreano que prevé aumentar a 350 o número de centros no estranxeiro do Instituto Rey Sejong.

Fonte: Yonhap

O Centro Navarro de Bos Aires imparte cursos presenciais de éuscaro

Entre os meses de agosto e decembro impartiranse clases presenciais de éuscaro neste centro bonaerense, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar o coñecemento desta lingua nas comunidades da diáspora.  

Fonte: Euskalkultura

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder