Mundo

Unha asociación a prol da lingua galesa alerta sobre a desaparición do galés na localidade de Rhosneigr

A asociación Cymdeithas yr Iaith pídelle ao Goberno de Gales que tome medidas para reverter o declive da lingua galesa na localidade de Rhosneigr. A porcentaxe de falantes de galés desta localidade é moi inferior á dos lugares da súa contorna e isto débese á especulación do parque inmobiliario con xente foránea que non fala a lingua vernácula. 

Fonte: North Wales Live

O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas visita a comunidade portuguesa de Venezuela

O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, Paulo Cafôfo, inicia unha visita de sete días a Venezuela onde participará na cerimonia de entrega de equipamentos dixitais e contidos pedagóxicos aos estudantes do ensino do portugués do Instituto Portugués de Cultura en Caracas. Con este acto preténdese iniciar unha transformación pedagóxica do ensino do portugués no estranxeiro.

Fonte: RTP Notícias

A República Moldova celebra o Día da Lingua Romanesa

O ministro de Educación, Dan Perciun, e a presidenta da República Moldova, Maia Sandu, inauguraron os eventos que celebraron no centro da capital Chisinau o Día da Lingua Romanesa.

Fonte: Balkan Insight

O Consello de Europa critica os recortes no número de horas de alemán como lingua minoritaria nas escolas polacas

O Consello de Europa pediu a Polonia que fortaleza as medidas de protección da lingua alemá dentro do seu territorio e criticou a redución das horas de ensino deste idioma nas escolas.

Fonte: Balkan Insight

A rexión belga de Flandres quere prohibir as linguas diferentes ao neerlandés no contorno escolar

O ministro de Educación de Flandres, Ben Weyts, quere prohibir o próximo curso os idiomas diferentes ao neerlandés nas escolas, incluíndo nos recintos escolares e na comunicación entre as familias e o profesorado.

Fonte: La Vanguardia

Unha universidade explora a diversidade lingüística do norte de Colombia

Un proxecto da Universidade do Norte en Colombia busca coñecer a diversidade e complexidade lingüísticas do Caribe colombiano. A análise pon o foco na interacción do español co crioulo santandereano.

Fonte: El Heraldo

Andorra pedirá compromisos coa lingua catalá para renovar o permiso de residencia

A nova lei de lingua oficial que será aprobada polo Goberno de Andorra pedirá que as persoas que queiran renovar  o permiso de residencia demostren uns coñecementos mínimos de lingua catalá.

Fonte: Públic

Un proxecto busca fortalecer o intercambio cultural entre os países que falan a lingua portuguesa

Co fin de favorecer o intercambio cultural e económico, o proxecto Portal Vozes nace coa misión de fortalecer a relación dos nove países que falan a lingua portuguesa: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Timor Leste e Macau.

Fonte: Vírgula

Un estudo revela que o 57 % da cidadanía brasileira escoita música para desenvolver as súas habilidades lingüísticas

Un estudo divulgado por unha plataforma de idiomas en liña revelou que o 57 % dos brasileiros recorren á música para mellorar ou aprender linguas.

Fonte: Mega Curioso

Angola transfire a presidencia da CPLP a San Tomé e Príncipe

O presidente angolano, João Lourenço, transferirá o mandato da presidencia rotativa da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) a Carlos Vila Nova, presidente de San Tomé e Príncipe.

Fonte: Prensa Latina

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder