Mundo

A China impón a súa prohibición da lingua mongol na rexión autónoma de Mongolia Interior

Defensores da lingua mongol alertaron que as autoridades chinesas seguen a impor un férreo control sobre a lingua e cultura propias da rexión autónoma de Mongolia Interior. As autoridades prohibiron agora a publicación de libros de historia sobre o grupo étnico mongol.

Fonte: Voa News

A selección belga de fútbol cantará o himno nacional nas tres linguas oficiais

O próximo partido da Eurocopa 2024 entre Bélxica e Estonia será a ocasión escollida pola selección belga de fútbol para cantar o himno nacional nas tres linguas oficiais do país: francés, neerlandés e alemán.

Fonte: Plaza Deportiva

Colombia quere introducir o ensino do suahili no sistema educativo

Co fin de fortalecer os lazos comerciais entre Colombia e África, a vicepresidenta de Colombia, Francia Márquez, anunciou que avogará polo ensino do suahili no sistema educativo.

Fonte: Caracol

O Goberno de Suecia mostra dúbidas sobre a oficialización do galego, o catalán e o éuscaro na UE

O Goberno de Suecia pon en dúbida a viabilidade da proposta de España de oficialización do galego, catalán e éuscaro na Unión Europea.

Fonte: El Diario

Europa celebra o Día Europeo das Linguas

Como cada 26 de setembro desde 2001, Europa celebra o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente e impulsar entre a poboación a aprendizaxe de linguas.

Fonte: Consello de Europa

Portugal entrégalle ao músico Caetano Veloso a Medalla ao Mérito Cultural polo seu afecto á lingua portuguesa

O músico e compositor brasileiro, Caetano Veloso, recibiu en Lisboa a Medalla ao Mérito Cultural, das mans do primeiro ministro portugués, António Costa. O mandatario portugués destacou o labor do artista na protección e divulgación da lingua portuguesa por todo o mundo.

Fonte: Portugal Digital

A lingua portuguesa non dispón de ferramentas de protección en internet que eviten os discursos de odio

Segundo informou o coordinador do primeiro Foro Lusófono de Gobernanza que terá lugar en São Paulo, na actualidade a lingua portuguesa carece de mecanismos en internet que protexan os seus falantes fronte aos discursos de odio e fronte aos riscos relacionados co uso da intelixencia artificial.

Fonte: Nações Unidas

Unha catedrática espalla coñecemento sobre a lingua asturiana nos EUA

A catedrática Isabel Alvárez Sancho, da Universidade do Estado de Oklahoma, organizou e participou en diferentes iniciativas nos EUA para difundir investigación e coñecemento sobre a lingua asturiana.

Fonte: Oklahoma State University

Unha ampla selección de filmes integran o Festival do Cinema Xordo de Arxentina

Un total de 52 filmes de 17 países diferentes integrarán o Festival de Cinema Xordo de Arxentina que promove a inclusión e a accesibilidade na sétima arte. 

Fonte: Infobae

Lanzan unha nova canle de televisión infantil en gaélico irlandés

A televisión TG4 lanza unha nova canle infantil en gaélico irlandés na República de Irlanda. A nova canle chámase Cúla4.

Fonte: BBC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder