Mundo

Defensores da lingua galesa protestan pola falta de servizos en galés en Aberystwyth

Defensores da lingua galesa da organización Cymdeithas yr Iaith maniféstanse pola falta de servizos en galés na oficina de correos da cidade galesa de Aberystwyth.

Fonte: Morning Star 

Un estudo universitario recomenda cambios curriculares para incrementar o número de falantes de córnico

Un estudo realizado por Kensa Broadhurst, da Universidade de Exeter, revelou que a lingua córnica precisa introducirse no currículo nacional para poder incrementar o seu número de falantes. A participación activa do profesorado no seu ensino vai ser fundamental para atinxir este obxectivo.

Fonte: Business Cornwall

O Museo Nacional do Brasil recupera un estudo para salvagardar a lingua yawalapiti

O Museo Nacional de Río de Xaneiro recuperou un estudo de hai máis de 40 anos para salvagardar o acervo lingüístico e cultural do idioma indíxena yawalapiti que conta só con tres falantes vivos.

Fonte: BBC News Brasil

O portugués João Barrento vence o Premio Camões 2023

O ensaísta, tradutor e crítico literario portugués, João Barrento, vence a edición número 35 do Premio Camões, a máis importante distinción da literatura en lingua portuguesa. 

Fonte: Público

Asociacións de profesorado de Hungría alertan da necesidade de permitir o ensino en linguas minoritarias en Ucraína

Organizacións de profesorado de Hungría publicaron un comunicado que alerta da necesidade de que as minorías de fala húngara de Ucraína teñan acceso ao ensino na súa lingua materna, dereito que, segundo indican, Ucraína non garante.

Fonte: Hungary Today

Xamaica valora o recoñecemento oficial do seu idioma crioulo

Inmersa nun proceso de cambio e ruptura dos seus lazos con Gran Bretaña, Xamaica está a valorar o recoñecemento da súa lingua crioula, o xamaicano, como idioma oficial á par co inglés.

Fonte: New York Times

Casaquistán quere incrementar o uso do casaco na radio e a televisión

O Goberno de Casaquistán debate un proxecto de lei que pretende incrementar a presenza da lingua casaca na radio e televisión públicas do 50 % ao 70 %.

Fonte: The Guardian

A organización Conradh na Gaeilge organiza unha conversa continuada en liña para promover o gaélico

A organización irlandesa Conradh na Gaeilge organiza Comhrá '23, unha conversa continuada en liña para promocionar o gaélico irlandés en todo o mundo durante 74 horas.

Fonte: Irish Central

Un refuxiado de Costa do Marfil convértese no presidente dunha asociación a prol da lingua galesa

Joseff Gnagbo, refuxiado procedente de Costa do Marfil, que chegou ao País de Gales en 2018, convértese en presidente nacional da asociación Cymdeithas yr Iaith que promove a lingua galesa.

Fonte: Morning Star

Unha serie documental aborda a diversidade lingüística do Brasil

A serie documental Línguas da nossa língua, que se estreará en plataformas de contidos en liña como HBO, abordará a enorme diversidade que ten o Brasil. Os catro episodios do programa falarán de once linguas e sete falares brasileiros.

Fonte: Correio do Povo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder