Mundo
O Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa

O Brasil conmemora o seu Día Nacional da Lingua Portuguesa, data que celebra desde o ano 2006 a importancia que o portugués tivo na formación da nación brasileira.
Fonte: Rádio Senado
Un estudo revela que as linguas con máis falantes resultan máis difíciles para a intelixencia artificial
Un estudo elaborado polo Instituto Leibniz para a Lingua Alemá (IDS, polas súas siglas en alemán) revelou que as linguas que son faladas por un maior número de persoas adoitan ser máis difíciles para os algoritmos da intelixencia artificial que aquelas que pertencen a unha comunidade lingüística máis pequena.
Fonte: Techxplore
Portugal lanzará un programa de portugués para persoas migrantes
O Goberno de Portugal lanzará o novo programa de Portugués Lingua de Acollemento (PLA, polas súas siglas en portugués) que incluirá cursos de lingua portuguesa para persoas migrantes cuxo idioma materno non sexa o portugués.
Fonte: CNN Portugal
Unha manifestación reivindica dereitos para os falantes de catalán en Perpiñán
A cidade francesa de Perpiñán acolleu unha manifestación para reivindicar os dereitos lingüísticos dos falantes de catalán da Cataluña do Norte.
Fonte: El Món
O Goberno de Escocia aprobará unha nova lei de promoción de linguas vernáculas
O Goberno de Escocia anunciou que en breve aprobará unha nova lei de linguas que garanta protección e promoción das linguas vernáculas escocesas: o gaélico escocés e o scots.
Fonte: BBC
A comisaria da Lingua Galesa alerta que o ambiente de traballo das empresas non promove o uso do galés
A comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffudd Jones, mostrou nun informe a súa preocupación sobre o uso do galés no espazo laboral. O relatorio revelou que o ambiente de traballo das empresas galesas non invita á promoción do galés.
Fonte: Nation Cymru
Atopan un curioso manuscrito en gaélico antigo
A Sociedade Histórica de Scituate, no estado norteamericano de Massachusetts, fixo público o achado dun manuscrito en gaélico irlandés antigo e inglés de principios do século XIX sobre tradicións, historia e poesía.
Fonte: The Patriot Ledger
A Universidade de Aberystwyth anuncia os seus premios de lingua galesa
A Universidade de Aberystwyth, no centro de Gales, anunciou os premios de lingua galesa cos que a institución quere promover o uso do galés na vida universitaria.
Fonte: Cambrian News
Francia inaugura a Cidade Internacional da Lingua Francesa
O presidente francés Emmanuel Macron inaugurou na localidade de Villers-Cotterêts a Cidade Internacional da Lingua Francesa, o primeiro proxecto dedicado á lingua francesa no mundo.
Fonte: The Local
Un estudo revela que o uso do ucraíno se incrementou en redes sociais
Un estudo elaborado polo Centro de Análises de Contido revelou que o uso do ucraíno en redes sociais vai aumentando ano tras ano en Ucraína.
Fonte: The Kyiv Independent
Boletín
Subscríbase ao boletín