Mundo
Un estudo revela que a exposición oral antes de nacer pode ser beneficiosa para os neonatos

Un estudo publicado na revista Science Advances revela que a exposición á fala a través da voz da nai en etapas prenatais pode axudar a mellorar o procesamento da linguaxe nos neonatos.
Fonte: El País
O Goberno de Portugal aproba a creación dunha unidade para a promoción da lingua mirandesa
A Comisión de Orzamentos e Finanzas do Goberno de Portugal aprobou a creación dunha unidade orgánica que garanta a promoción da lingua mirandesa cunha dotación de 200 mil euros.
Fonte: TSF
Unha nova lei garantiralles máis dereitos ás minorías lingüísticas de Ucraína
O primeiro ministro de Ucraína, Denys Shmyhal, anunciou que o goberno aprobará unha nova lei para a mellora dos dereitos das minorías lingüísticas que viven en territorio ucraíno.
Fonte: Daily News Hungary
A Unesco inclúe a lingua indonesia entre os seus idiomas oficiais
A Unesco acordou na súa Conferencia Xeral celebrada en París que a lingua indonesia sexa recoñecida como décimo idioma oficial do organismo das Nacións Unidas.
Fonte: Asia News
O comisario de Educación do País de Gales alerta sobre a perda de falantes de galés
O comisario de Educación e Lingua Galesa, Jeremy Miles e outros membros do Parlamento do País de Gales mostraron a súa preocupación pola perda de falantes de galés e reiteraron o seu apoio por conseguir acadar o millón de falantes antes de 2050.
Fonte: South Wales Argus
O portugués será lingua de traballo da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas

A Unión das Cidades Capitais Iberoamericanas, integrada por 29 cidades dos países ibéricos, de América Latina e o Caribe, terá o portugués como lingua de traballo durante o ano 2024.
Fonte: Observador
O aeroporto de Reiquiavik priorizará o uso do islandés
Con motivo do Día da Lingua Islandesa, o aeroporto de Reiquiavik, capital de Islandia, decidiu priorizar o uso do islandés na megafonía e sinais informativos. O inglés era a primeira lingua desde 2016.
Fonte: Grapevine
As redes sociais poden axudar a salvagardar as linguas nativas de Bután
Ante a baixada irrefreable de falantes das linguas vernáculas de Bután e a inacción do seu goberno, as redes sociais poderían axudar a preservar a importante diversidade lingüística deste pequeno estado do Himalaia.
Fonte: The Wire
O Goberno de São Paulo incrementará as horas dedicadas á lingua portuguesa nas escolas públicas
A Secretaría de Educación do Goberno de São Paulo mudará o currículo educativo e incrementará as horas destinadas á materia de lingua portuguesa en todas as escolas públicas do estado.
Fonte: São Paulo Governo do Estado
A cidade de Belfast celebra a Semana do Escocés do Úlster
Un evento con música, baile, poesía e narración oral conmemora a Semana do Escocés do Úlster na cidade norteirlandesa de Belfast.
Fonte: Belfast City Council
Boletín
Subscríbase ao boletín