Mundo

O alumnado británico poderá escoller lingua de signos como materia de estudo en secundaria

Co obxectivo de crear unha educación máis inclusiva, o Goberno do Reino Unido ofrecerá a materia de lingua de signos como parte do currículo de secundaria.

Fonte: EuroWeekly

Docentes da Universidade de Brasilia traducirán documentos sobre os dereitos da infancia á lingua ticuns

A Universidade de Brasilia, en colaboración coa Organización de Estados Americanos e o Ministerio dos Dereitos Humanos e da Ciudadanía do Brasil traducirán o Estatuto da Infancia e do Adolescente á lingua indíxena ticuna.

Fonte: Universidade de Brasília 

Comeza a emisión dun programa de radio co obxectivo de promover a lingua galesa

O novo programa de radio "Cymru United" nace no País de Gales coa intención de promocionar o uso do galés entre todas as persoas, sobre todo, aquelas que non se senten familiarizadas coa lingua vernácula.

Fonte: Business News Wales

Un estudo revela que cantar pode beneficiar a adquisición lingüística dos bebés

Un estudo da Universidade de Cambridge revela que cantarlles aos bebés pode facilitarlles a súa futura adquisición lingüística.

Fonte: The Guardian

Un proxecto piloto da Unesco ofrece formación a educadores en lingua mapuche

A UNESCO e o Ministerio de Educación de Chile traballan nun proxecto piloto para formar docentes de lingua mapuche.

Fonte: UNESCO

Publícase o primeiro dicionario árabe-vietnamita

Con motivo do Día Mundial da Lingua Árabe, presentouse en Hanoi o primeiro dicionario bilingüe árabe-vietnamita.

Fonte: Vietnam+

Xa se coñecen as dez candidatas á palabra do ano 2023 en portugués

Xa se coñecen as dez palabras que este ano se disputarán o concurso á Palabra do Ano 2023 da editorial Porto Editora.

Fonte: Público

Un proxecto rexional italiano permitirá dixitalizar os fondos escritos en friulano da biblioteca Vincenzo Joppi

Un proxecto aprobado pola rexión italiana Friúl Venecia Xulia permitirá destinar 50 000 euros á dixitalización dos fondos en lingua friulana da biblioteca Vincenzo Joppi de Udine.

Fuente: Friuli Oggi

Quebec esixirá o coñecemento do francés para os graduados universitarios

O Goberno do Quebec aprobará a subida das taxas universitarias para persoas procedentes doutras provincias canadenses e esixirá que todos os que estuden nas universidades quebequesas obteñan un certificado de nivel intermedio de francés antes de rematar os seus estudos.

Fonte: BBC

Escolas primarias da Illa de Man participan nun proxecto para aprender o gaélico manés

Centos de escolas primarias da Illa de Man participaron nunha iniciativa de elaboración de postais do Departamento de Educación, Deportes e Cultura para aprender o gaélico manés.

Fonte: FM Energy

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder