Mundo
Croacia aproba a Lei da lingua croata
O primeiro ministro de Croacia, Andrej Plenković, presentou finalmente a última versión da Lei sobre a lingua croata que garantirá a protección e a aprendizaxe do idioma no estranxeiro. A medida será adoptada polo Parlamento no mes de marzo.
Fonte: Euractiv
Luxemburgo lanza unha nova modalidade de curso de lingua luxemburguesa
Pierre Reding, comisario da Lingua Luxemburguesa do Gran Ducado de Luxemburgo, anunciou a presentación dun curso intensivo de oito semanas que pretende facer máis fácil a aprendizaxe do luxemburgués.
Fonte: Luxembourg Times
Un proxecto da Universidade de Hamburgo promove a investigación sobre a lingua de signos
O Consello Europeo de Investigación financiará un proxecto da Universidade de Hamburgo que pretende promover a investigación sobre a lingua de signos.
Fonte: Hamburg News
O sector académico neerlandés alerta sobre a supervivencia do frisón
A Academia Real das Artes e Ciencias dos Países Baixos (KNAW, polas súas siglas en neerlandés) alertou que o estudo do frisón está diminuíndo e isto podería afectar a supervivencia da segunda lingua oficial dos Países Baixos.
Fonte: Research Professional News
Tres escritores lusófonos son candidatos ao Premio Literario de Dublín
O escritor mozambicano Mia Couto e os brasileiros Itamar Vieira Júnior e Stênio Gardel integran a lista dos escritores nomeados para recibir o Premio Literario de Dublín, en Irlanda.
Fonte: Portugal Pulse
A asimilación cultural da China na rexión da Mongolia Interior está pondo en risco a lingua mongol
Na rexión autónoma de Mongolia Interior, o Goberno da China está promovendo iniciativas que avogan pola redución da lingua mongol nas institucións educativas a favor do chinés mandarín, así como unha política de asimilación étnica que podería pór en risco a supervivencia da lingua vernácula.
Fonte: BNN
Estonia deixará de financiar a educación en lingua rusa
O Parlamento de Estonia anunciou que o goberno do país báltico deixará de destinar fondos a escolas en lingua rusa para cumprir coa súa política educativa unificada en lingua estoniana.
Fonte: The Kyiv Independent
O Quebec pediralles ás empresas requisitos máis estritos sobre o uso da lingua francesa
O Goberno do Quebec quere endurecer os requisitos de uso do francés para as empresas en consonancia co aprobado na Lei 96 sobre os usos da lingua francesa na provincia canadense.
Fonte: Slator
Unha petición en liña avoga por empregar o nome en galés do País de Gales como única forma oficial
Unha campaña en liña solicita que o nome en galés do País de Gales, "Cymru", sexa a única forma oficial para denominar esta nación.
Fonte: Time Out
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa abre candidaturas para participar en residencias literarias

O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) abriu as candidaturas para participar no seu programa de residencias literarias. O obxectivo é apoiar a circulación de escritores e escritoras de países e rexións de lingua portuguesa.
Fonte: Correio da Manhã
Boletín
Subscríbase ao boletín