Mundo

A nova lei de migración de Francia introduce requisitos lingüísticos máis estritos

A nova lexislación en materia migratoria de Francia establece medidas máis estritas para conseguir a cidadanía, entre elas, a introdución de probas de lingua francesa e requisitos de nivel máis altos.

Fonte: The Local

O recoñecemento do mirandés como lingua oficial de Portugal fai 25 anos

Tal día como hoxe, hai 25 anos, o Goberno de Portugal recoñeceu a oficialidade do mirandés. A data de hoxe converteuse en símbolo da súa promoción.

Fonte: RTP

A cidade de Lisboa abre as candidaturas para cubrir unha residencia literaria en Mozambique

A Dirección de Cultura do Municipio de Lisboa abriu as candidaturas para cubrir unha residencia literaria na cidade mozambicana de Maputo. A iniciativa é produto dun protocolo de cooperación entre a Cámara Municipal de Lisboa e o Camões.

Fonte: RDP África

A Universidade de Oxford comezará a ofertar cursos de lingua casaca

Un acordo de colaboración entre a Universidade de Oxford e o Ministerio de Ciencia e Educación Superior de Casaquistán permitirá que a entidade británica de ensino superior comece a ofrecer cursos de casaco.

Fonte: The Astana Times

Presentan unha petición para que o silesiano sexa recoñecido como lingua rexional en Polonia

O principal partido da coalición do Goberno en Polonia presentou unha petición no parlamento para que se recoñeza o silesiano como lingua rexional de Polonia.

Fonte: Notes from Poland

Arqueólogos dinamarqueses encontran un coitelo cunha antiquísima inscrición en alfabeto rúnico

Un grupo de arqueólogos descobren a máis antiga inscrición en alfabeto rúnico. Trátase dun antigo coitelo de hai 2000 anos co gravado da palabra hirila, que significa "pequena espada" en nórdico antigo.

Fonte: Azernews

Estonia conta con case 2000 profesores ou profesoras cun dominio insuficiente de estoniano

A ministra de Educación de Estonia, Kristina Kallas, declarou que no país báltico hai 1802 profesores e profesoras que non contan con coñecementos de estoniano suficientes. Unha importante porcentaxe está xa a realizar cursos de capacitación para poder adaptarse aos novos requisitos legais que chegarán en setembro.

Fonte: ERR

Bangladesh e Arabia Saudita queren crear un novo instituto da lingua árabe en Dacca

Arabia Saudita e Bangladesh están traballando para crear o Instituto da Lingua Árabe de Dacca co fin de que os migrantes bangladesís poidan formarse para traballar en Oriente Medio.

Fonte: Arabnews

Un proxecto de lei creará un programa para preservar as linguas indíxenas brasileiras

O Proxecto de Lei 3690/10 está actualmente en análise na Cámara dos Deputados do Brasil e permitirá crear un programa de preservación, recuperación e transmisión das linguas indíxenas brasileiras que ademais pasarán a ser recoñecidas como bens de patrimonio inmaterial.

Fonte: Câmara dos Deputados

Unha nova lei en Novo México daralles ás comunidades indíxenas máis poder para protexeren as súas linguas

O estado de Novo México, EUA, quere aprobar unha lei que permitirá crear un fondo fiduciario para que as comunidades indíxenas poidan elaborar programas educativos que garantan a supervivencia das súas linguas nativas.

Fonte: Source NM

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder