Mundo

O HSBC cancela o seu servizo de atención telefónica en galés

A entidade bancaria HSBC cancelou a súa liña de atención telefónica en galés a pesar das múltiples campañas que pedían que se mantivese aberta. 

Fonte: Nation Cymru

 

Un senador inuit pode recibir unha importante condecoración do Canadá pola súa contribución na defensa da lingua inuktitut

O senador inuit Willie Adams foi nomeado polo Goberno do Canadá para recibir a condecoración Orde do Canadá pola súa contribución na protección e promoción da lingua inuktitut.

Fonte: Nunavut News

Dinamarca anuncia unha revisión do ensino do dinamarqués ás persoas estranxeiras

O Ministerio de Inmigración e Integración anunciou a creación dun grupo interministerial que revisará o programa de ensino da lingua dinamarquesa para as persoas estranxeiras que chegan ao país.

Fonte: The Local 

Un estudo revela que a raza humana comparte un sistema de comunicación non verbal universal

Un novo estudo realizado na Universidade de Xeorxia, nos EUA, revelou que os seres humanos comparten un sistema de comunicación non verbal universal. Ademais da linguaxe corporal, este sistema incorpora o contacto visual e as expresións faciais como elementos que inciden na interacción.

Fonte: The Press of Atlantic City

Un estudo revela que o dominio do inglés diminúe entre a xente nova

O recente estudo do Índice de Proficiencia en Inglés da EF revelou que mentres o dominio do inglés entre a xente nova diminuíu, o nivel desta lingua entre as persoas adultas traballadoras experimentou un incremento.

Fonte: VOA News

Ábrese o período de inscrición para os exames de portugués como lingua estranxeira do CAPLE

O Centro de Avaliación e Certificación de Portugués como Lingua Estranxeira (CAPLE) da Universidade de Lisboa abriu o seu período de inscricións para realizar os exames de portugués que dan acceso aos certificados oficiais segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). 

Fonte: Bom dia

O Bloco de Esquerda portugués quere que os plenarios da Asemblea Xeral de Madeira teñan tradución en lingua de signos

O partido do Bloco de Esquerda da illa de Madeira presentou un proxecto para que os plenarios da Asemblea Xeral da Rexión Autónoma de Madeira conten con tradución en lingua de signos.

Fonte: Diário de Notícias

Pídenlle ao municipio de Cork que elabore unha estratexia de promoción do gaélico na cidade

Varios organismos que defenden o gaélico irlandés na cidade de Cork solicitaron ao municipio que elabore unha estratexia que promova o uso da lingua vernácula no ámbito local.

Fonte: Echo Live 

Un proxecto anima as persoas a se integraren por medio do galés no condado de Ceredigion

O condado galés de Ceredigion acaba de estrear o proxecto "Benvido/a a Ceredigion" para concienciar as persoas que se afincaron no condado a se integraren por medio da lingua galesa.

Fonte: Cambrian News

Un estudo revela que as cidades portuguesas de Braga e Guimarães están entre as mellor posicionadas no dominio da lingua inglesa

Un estudo elaborado polo Índice de Proficiencia en Inglés da EF revelou que as cidades de Braga e Guimarães ocupan o segundo e o terceiro posto respectivamente no que atinxe ao dominio da lingua inglesa en Portugal. O primeiro posto foi ocupado pola cidade de Coímbra.

Fonte: Correio do Minho

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder