Mundo
Atrásase a construción do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança
O presidente da Cámara Municipal de Bragança anunciou que a execución das obras do Museo da Lingua Portuguesa está a sufrir un considerable atraso.
Fonte: Jornal de Notícias
O Reino Unido financiará un programa millonario para promover a aprendizaxe do inglés en Mongolia
O ministro de Asuntos Exteriores, David Cameron, visitou Mongolia para reiterar o seu apoio ao programa Pearson de lingua inglesa cun orzamento de 10 millóns de libras esterlinas.
Fonte: AKIpress
O Senegal adopta o árabe como lingua oficial

O Goberno do Senegal anunciou que o árabe vai ser lingua oficial do país en detrimento do francés.
Fonte: Middle East Monitor
Unha enfermeira francesa crea un sitio web con traducións de termos médicos en varias linguas
Unha enfermeira do norte de Francia creou un sitio web con terminoloxía en varias linguas para que profesionais francófonos poidan comunicarse con pacientes que falen outros idiomas.
Fonte: The Connexion
O Instituto Confucio organiza un concurso de chinés en Ucraína
O Instituto Confucio da Universidade Nacional de Lingüística de Kiev organizou un concurso de lingua chinesa para estudantes ucraínos por primeira vez en catro anos.
Fonte: Xinhuanet
O Parlamento de Polonia aprobará unha lei para recoñecer o silesiano como lingua rexional
O recentemente constituído parlamento polaco aprobará unha lei que recoñecerá oficialmente o silesiano como lingua rexional.
Fonte: Notes from Poland
Profesorado de linguas minoritarias apela o Goberno de Portugal a que ratifique a Carta Europea das Linguas
Especialistas en linguas minoritarias pedíronlle ao Goberno de Portugal que ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias para que o mirandés poida beneficiarse de axudas nacionais e europeas.
Fonte: Mensageiro de Bragança
Crean unha biblioteca en plena Amazonia peruana para preservar as linguas indíxenas
A cidade de Tocache, no departamento peruano de San Martiño, inaugurou a primeira Biblioteca Intercultural do país co fin de realizar actividades e iniciativas que promovan o uso e a aprendizaxe das linguas indíxenas.
Fonte: Infobae
O Premio Océanos en lingua portuguesa rexistra un número récord de obras literarias
O Premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa rexistrou un número récord de obras: 2627 libros de diferentes xéneros literarios e de autores e autoras de 28 países.
Fonte: Diário de Notícias
O Brasil celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos

O Brasil conmemora o seu Día Nacional da Lingua de Signos co obxectivo de concienciar a poboación da necesidade de promover políticas de inclusión das persoas xordas ou con discapacidade auditiva.
Fonte: AJN1
Boletín
Subscríbase ao boletín