Mundo
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo terá acceso gratuíto até agosto
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo terá entrada gratuíta todos os sábados e domingos até o 31 de agosto.
Fonte: Gazeta de S.Paulo
O Parlamento de Islandia aproba un plan de acción para a promoción do islandés
O Alþingi, ou Parlamento de Islandia, aprobou un plan de acción con 22 medidas que buscan a promoción e preservación da lingua islandesa en varios ámbitos.
Fonte: Iceland Review
Unha obra escénica promove a lingua galesa entre o alumnado de secundaria
A obra teatral Geiriau (Palabras) fai parte dun proxecto do Comisario da Lingua Galesa para promover o uso do galés entre o alumnado de secundaria.
Fonte: Nation Cymru
A asemblea lexislativa de Ontario acolle por vez primeira un discurso nunha lingua diferente ao inglés ou francés
O deputado da asemblea lexislativa da provincia canadense de Ontario, Sol Mamakwa, pronuncia un discurso na lingua indíxena oji-cree e convértese na primeira persoa en empregar unha lingua diferente do inglés ou francés na cámara.
Fonte: APT News
O presidente de Polonia veda o recoñecemento oficial da lingua silesiana
O presidente de Polonia, Andrzej Duda, vedou a lei que pretendía recoñecer o silesiano como lingua oficial. A norma fora aprobada polo goberno actual no Parlamento.
Fonte: TVP World
O Xapón está a apostar cada vez máis polo ensino da lingua inglesa
O ensino da lingua inglesa está en alza no Xapón grazas á proliferación de escolas bilingües por todo o país. O obxectivo é conseguir que a próxima xeración de xaponeses fale inglés con fluidez.
Fonte: Japan Times
Un libro derruba preconceptos sobre as orixes da lingua portuguesa

O lingüista portugués Fernando Venâncio segue a derrubar prexuízos sobre a lingua portuguesa no seu libro Assim nasceu uma língua: Sobre as origens do português, recentemente editado no Brasil. O autor desafía a visión tradicional e revela que o portugués deriva do galego.
Fonte: VEJA
O alumnado estranxeiro en Portugal ten só cinco horas de ensino de portugués á semana
O número de alumnos e alumnas de orixe estranxeira non deixa de medrar en Portugal. A grande maioría deste alumnado frecuenta escolas públicas onde o número total de horas dedicadas ao ensino do portugués non supera as cinco semanais.
Fonte: SIC Notícias
Un colectivo a favor das linguas rexionais en Francia esixe a reforma da Constitución francesa
O colectivo Perquè visquin les nostres llengües, que aglutina entidades que traballan a prol do uso das linguas minorizadas no Estado francés, convoca unha serie de mobilizacións por toda Francia para pedir a modificación do artigo 2 da Constitución francesa que impón o francés como "lingua da República".
Fonte: Diari de la Llengua
Unha deputada de México propón a prohibición do uso de anglicismos en comunicados oficiais
A deputada do Congreso de Deputados de México, Salomón Durán, pide reformar a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas para prohibir o uso de anglicismos e estranxeirismos en comunicados oficiais.
Fonte: Cámara de Diputados
Boletín
Subscríbase ao boletín