Mundo
O Ministerio de Cultura do Perú ofrece un curso de quechua gratuíto de 3 meses
O Ministerio de Cultura do Perú, en colaboración co Municipio de San Juan de Lurigancho, ofrece un curso gratuíto de lingua quechua para principiantes que se enmarca na Política Nacional de Linguas Orixinarias e Tradición Oral até 2040.
Fonte: La República
A poboación kurda do mundo celebra o Día da Lingua Kurda

Como cada 15 de maio desde 2006, os territorios de fala kurda do mundo conmemoran o Día da Lingua Kurda.
Fonte: English Bianet
O Goberno do Xapón revisará o sistema de transcrición da lingua xaponesa
O ministro de Cultura do Xapón, Moriyama Masahito, solicitou a revisión do sistema que actualmente se emprega para transcribir o alfabeto da lingua xaponesa. Trataríase da primeira vez que se revisa en 70 anos.
Fonte: Nippon
Angola desbota o ensino das linguas rexionais no sistema educativo
Diversos especialistas en educación alertaron que a introdución do ensino das linguas rexionais no sistema educativo pode ter consecuencias negativas, sobre todo pola falta de profesionais docentes que estean capacitados para impartilas.
Fonte: VOA
Timor Leste pide a Portugal reforzo na capacitación en lingua portuguesa
A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Fernandes, informou de que as autoridades de Timor Leste solicitaron axuda para reforzar a lingua portuguesa en sectores como a educación e a capacitación da administración pública.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un estudo revela que a comunicación dos cachalotes é máis semellante á dos humanos do que se pensaba
Un estudo realizado por un equipo do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) revela que o modo de comunicar dos cachalotes é moito máis expresivo e complexo do que se sabía até o momento.
Fonte: MIT Technology Review
Unha asociación de Alsacia recada sinaturas para denunciar a marxinación da lingua alsaciana
A asociación Ciutadana Alsaciana recolle máis de 1600 sinaturas para denunciar a marxinación da lingua alsaciana e manda unha carta ao presidente Emmanuel Macron para reclamar a súa revitalización.
Fonte: Diari de la Llengua
Lanzan unha aplicación para aprender romanés como lingua estranxeira
Lingly.ai é unha aplicación de recente creación que ten como obxectivo que as persoas estranxeiras afincadas en Romanía poidan aprender a lingua romanesa.
Fonte: Romania Insider
Os debuxos de Peppa Pig terán agora versión dobrada en maltés
Grazas ao apoio do Centro da Lingua Maltesa do Goberno de Malta, a coñecida serie de debuxos animados Peppa Pig contará agora con versión dobrada en maltés.
Fonte: Malta Today
A provincia de Oristano organiza cursos de adquisición e perfeccionamento de sardo
A Oficina da Lingua Sarda da provincia de Oristano, na Sardeña, anunciou a celebración de cursos de adquisición e perfeccionamento de sardo para funcionariado e a cidadanía en xeral.
Fonte: Comune di Cabras
Boletín
Subscríbase ao boletín