Mundo
Abren as inscricións para cursos de lingua portuguesa no Benelux
A Coordinación do Ensino Portugués en Luxemburgo, Bélxica e Países Baixos abriu as inscricións para realizar cursos de lingua portuguesa en diferentes modalidades.
Fonte: Contacto
Un estudo revela que o tempo de exposición ás pantallas pode afectar o desenvolvemento lingüístico

Un estudo elaborado no centro de investigación australiano Telethon Kids revela que o tempo que os menores pasen diante das pantallas de dispositivos electrónicos pode afectar negativamente a calidade da súa adquisición lingüística.
Fonte: ABC
Retiran unha petición que reclamaba a obrigatoriedade de falar luxemburgués no traballo
A petición en liña que solicitaba a obrigatoriedade de falar luxemburgués no ámbito laboral en todo o Gran Ducado de Luxemburgo foi retirada polo seu propio autor.
Fonte: Contacto
O Museo da Lingua Portuguesa ofrece unha bolsa para o estudo de linguas africanas
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, Brasil, publicou unha convocatoria para seleccionar persoas interesadas no estudo de linguas de orixe africana. As persoas seleccionadas recibirán unha bolsa de estudo para desenvolver as súas investigacións.
Fonte: Museo da Lingua Portuguesa
O Goberno de Gales lanza un novo proxecto para promover a lingua galesa

Con motivo do Día de San David, patrón do País de Gales, o ministro de Educación e Lingua Galesa lanzou o proxecto Embaixadores Culturais co que pretende promover o uso da lingua e cultura galesas. Un dos piares do programa vai ser promocionar o uso e coñecemento do galés por parte de persoas de fóra que chegan e deciden residir no país.
O Goberno de Escocia reduce o orzamento destinado á promoción do gaélico irlandés
O Goberno de Escocia recortará 354 000 libras esterlinas á promoción do gaélico escocés nos medios públicos de comunicación como MG Alba e BBC Alba. Esta medida supón un duro golpe para a supervivencia da lingua vernácula.
Fonte: Scotsman
O mundo celebra a Semana da Lingua Irlandesa
A Semana da Lingua Irlandesa, Seachtain na Gaeilge, é o maior festival irlandés do mundo e este ano durará máis tempo. Multitude de eventos en varios países celebrarán a importancia e necesidade de incrementar o uso diario desta lingua celta.
Fonte: Irish Central
A canle TG4 lanza a primeira serie de televisión en lingua de signos irlandesa
A canle de televisión da República de Irlanda TG4 lanzou Saol Ella, a primeira serie en gaélico irlandés que conta coa versión en lingua de signos irlandesa.
Fonte: RTÉ
O Goberno da Arxentina prohibirá a linguaxe inclusiva na administración
O presidente da Arxentina, Javier Milei, anunciou que o seu goberno vai prohibir o uso da linguaxe inclusiva e a perspectiva de xénero en todos os documentos oficiais e na administración pública.
Fonte: CNN
Unha familia de Miranda do Douro crea un premio para distinguir o mellor alumnado de mirandés
Unha familia de mecenas creou un certame anual que premiará o mellor alumnado da disciplina de lingua e cultura mirandesas das escolas de Miranda do Douro.
Fonte: Diário de Trás-os-Montes
Boletín
Subscríbase ao boletín