Mundo
Un programa brasileiro promove o ensino da lingua portuguesa entre estudantes estranxeiros
O Diario Oficial da Unión do Goberno do Brasil publicou o decreto 11923 que pretende impulsar o estudo da lingua portuguesa por parte de estudantado estranxeiro.
Fonte: Gov.br
México presenta a quinta edición da Mostra de Cinema en Linguas Orixinarias
A Secretaría de Cultura do Goberno de México, a través do Instituto Mexicano de Cinematografía (Imcine), presentou a quinta Mostra de Cinema en Linguas Orixinarias, un evento que busca recoñecer, difundir e preservar a riqueza cultural, tradicións e diversidade lingüística dunha parte fundamental da poboación mexicana.
Fonte: Vocero
O mundo conmemora o Día Internacional da Lingua Materna

Como cada 21 de febreiro, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) conmemora en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna. Este ano o lema é «Educación multilingüe: un piar da aprendizaxe interxeracional» co que se pretende fomentar a preservación das linguas indíxenas e subliñar o papel das linguas na promoción da inclusión.
Fonte: United Nations
Polonia interrompe o seu servizo de lingua inglesa TFN
A axencia de prensa estatal de Polonia PAP anunciou a suspensión do seu servizo de información en inglés The First News (TFN).
Fonte: Notes from Poland
As universidades dos Países Baixos deciden frear o seu proceso de internacionalización
Un total de catorce universidades dos Países Baixos acordaron adoptar medidas para pór freo aos seus procesos de internacionalización e reducir o número de cursos impartidos en inglés co fin de priorizar o ensino en neerlandés.
Fonte: The Pie News
O Goberno de Malta propón que as persoas estranxeiras estuden a lingua maltesa
O Goberno de Malta propón que as persoas estranxeiras que residan no país realicen un curso de lingua e cultura maltesas co fin de facilitar o seu proceso de integración.
Fonte: TVM News
O Goberno de Portugal defende o ensino do portugués como ponte de comunicación coas persoas inmigradas
A ministra de Asuntos Parlamentarios do Goberno de Portugal, Catarina Mendes, defendeu a importancia da lingua portuguesa como ponte de comunicación e integración entre a cidadanía portuguesa e as persoas inmigradas.
Fonte: Visão
Reino Unido destina medio millón de libras á promoción da lingua córnica
O Goberno do Reino Unido destinou unha partida orzamentaria de medio millón de libras esterlinas a fortalecer e promover a lingua córnica nas escolas, na industria audiovisual e nas comunidades.
Fonte: Pirate FM
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Grega

Máis de 100 eventos en varios países de todo o mundo celebran o Día Internacional da Lingua Grega e o rol que este idioma ten e tivo na cultura global.
Fonte: Ekathimerini
Activistas a prol do gaélico maniféstanse diante da Asemblea de Irlanda para protestar pola crise da vivenda nas Gaeltacht
Un grupo de activistas a prol do gaélico irlandés manifestouse diante da cámara baixa do Parlamento de Irlanda para protestar sobre a crise da vivenda nas Gaeltacht ou zonas de fala irlandesa.
Fonte: The Journal
Boletín
Subscríbase ao boletín