Mundo

O Museo da Lingua Portuguesa estrea dúas actividades para a promoción da lectura

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo estrea dúas novas actividades, unha feira de troco de libros e un club de lectura que terá como obxectivo destacar obras de autores negros en lingua portuguesa.

Fonte: Blog do Amarildo

Anuncian un cuantioso premio para obras de teatro en gaélico irlandés

O Consello das Artes de Irlanda presentou un cuantioso premio de 400 000 euros para destinar a unha produción teatral en gaélico irlandés. Trátase do premio de maior contía destinado a obras teatrais na illa de Irlanda.

Fonte: The Irish News

A Universidade de Cambridge embárcase nun proxecto para salvagardar unha lingua de orixe grega falada en Turquía

Un proxecto da Universidade de Cambridge quere salvagardar a memoria do romeyka, un dialecto de base grega que se considera 'ponte viva' coa antigüidade dada a súa semellanza co grego antigo. Actualmente, o romeyka é falado só por un milleiro de persoas.

Fonte: The Guardian

As escolas primarias de Kirguizistán deberán impartir a metade do tempo na lingua vernácula

O Ministerio de Educación de Kirguizistán anunciou a aprobación dunha lei que obrigará as escolas primarias a impartiren o 50 % do tempo en kirguiz.

Fonte: AKIpress

Preséntase unha aplicación para o ensino dunha lingua indíxena brasileira

A feira de innovación e tecnoloxía Campus Party Brasília presentou a Nheengatu App, primeira aplicación dedicada ao ensino dunha lingua indíxena brasileira, o nheengatu.

Fonte: G1

Nace unha sociedade de hispanistas en Xeorxia

Un grupo de persoas expertas en lingua e cultura españolas de Xeorxia crea unha sociedade de hispanistas co fin de popularizar esta lingua nesta república caucásica.

Fonte: Swissinfo

Publican en Bolivia unha edición facsimilar do dicionario da lingua moxo

Presentan en Bolivia a edición facsimilar do Dicionario da Lingua Moxo que fora publicado polo misioneiro Pedro Marbán a comezos do século XVIII co fin de facilitar o estudo deste idioma sen danar a publicación orixinal.

Fonte: EFE

A lingua portuguesa queda eliminada do Premio Literario de Dublín

O escritor mozambicano Mia Couto e os brasileiros Itamar Vieira Júnior e Stênio Gardel quedaron fóra da lista de escritores nomeados para recibir o Premio Literario de Dublín, en Irlanda. Dúas obras anglófonas e outra romanesa son agora as finalistas.

Fonte: Público

A lingua alemá será idioma de honra no Salón do Libro de Turín

O Salón Internacional do Libro de Turín acollerá a lingua alemá, representada polos mercados de Alemaña, Austria e Suíza, como idioma de honra. Pola súa parte, a Feira Internacional do Libro de Frankfurt fará o mesmo coa lingua italiana no mes de outubro.

Fonte: Publishing Perspectives

A cidade de Cork crea unha iniciativa para que os turistas aprendan frases útiles en gaélico irlandés

O Concello da cidade irlandesa de Cork creou uns marcadores de libros para animar as persoas que visitan a cidade a aprenderen frases útiles e expresións en gaélico irlandés e coñeceren o legado lingüístico da zona.

Fonte: Irish Independent

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder