Mundo

O Premio Océanos en lingua portuguesa rexistra un número récord de obras literarias

O Premio Océanos de Literatura en Lingua Portuguesa rexistrou un número récord de obras: 2627 libros de diferentes xéneros literarios e de autores e autoras de 28 países.

Fonte: Diário de Notícias

O Brasil celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos

O Brasil conmemora o seu Día Nacional da Lingua de Signos co obxectivo de concienciar a poboación da necesidade de promover políticas de inclusión das persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

Fonte: AJN1

Un estudo revela que as habilidades lingüísticas poden axudar a determinar o grao de segregación poboacional

Un estudo da Universidade de Aberdeen revelou que o nivel de coñecemento da lingua inglesa pode ser determinante para determinar o grao de segregación da poboación.

Fonte: University of Aberdeen

 

Paraguai introduce o estudo da lingua coreana no ensino

Un acordo entre Paraguai e Corea do Sur permitirá que o coreano se estude como segunda lingua estranxeira nas escolas secundarias paraguaias.

Fonte: Aju Press

 

O mundo conmemora o Día da Lingua Chinesa

Por iniciativa da Organización das Nacións Unidas, o mundo celebra o Día da Lingua Chinesa co fin de crear unha ponte de intercambio cultural entre a China e o resto do mundo.

Fonte: Global Times

O Goberno de Mongolia quere recuperar o uso oficial da escrita mongol tradicional

Despois de 80 anos de uso do alfabeto cirílico, o mongol, lingua nativa de Mongolia, podería recuperar a súa escrita tradicional ou 'bichig'. O Goberno de Mongolia comezará a utilizar o alfabeto tradicional a partir de 2025 en todos os documentos oficiais.

Fonte: The Diplomat

O Goberno da China pecha un blog moi popular escrito en lingua tibetana

O Goberno da China pechou o blog en lingua tibetana Luktsang Palyon tras alegar que incumpría as leis de dereitos de autor. Trátase dunha publicación en liña moi popular entre os internautas.

Fonte: Phayul

A comisaria da lingua galesa eloxia unha ONG polo seu traballo en materia lingüística

A comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffudd, eloxiou o traballo e dedicación a favor do galés da ONG NSPCC Cymru.

Fonte: Nation Cymru

A ONU celebra o Día da Lingua Chinesa

Como cada ano, as Nacións Unidas conmemoran o 20 de abril en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Chinesa.

Fonte: The Quint

O alumnado letón pode rexeitar o estudo do ruso como segunda lingua estranxeira

A nova lei de Educación de Letonia establece que o alumnado que rexeite o estudo do ruso como segunda lingua estranxeira antes do 21 de xuño poderá aprender outra lingua estranxeira diferente a partir do próximo ano lectivo.

Fonte: Baltic News Network

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder