Mundo

Os debuxos de Peppa Pig terán agora versión dobrada en maltés

Grazas ao apoio do Centro da Lingua Maltesa do Goberno de Malta, a coñecida serie de debuxos animados Peppa Pig contará agora con versión dobrada en maltés.

Fonte: Malta Today

A provincia de Oristano organiza cursos de adquisición e perfeccionamento de sardo

A Oficina da Lingua Sarda da provincia de Oristano, na Sardeña, anunciou a celebración de cursos de adquisición e perfeccionamento de sardo para funcionariado e a cidadanía en xeral.

Fonte: Comune di Cabras

O Goberno de Estonia teme que o profesorado non poida certificar os seus coñecementos de lingua estoniana

A pesar de que o Goberno de Estonia ten como requisito que o profesorado certifique o seu nivel de lingua estoniana para facer fronte á transición cara a lingua vernácula no ensino, de momento moi poucos docentes realizaron o exame de certificación, feito que preocupa o Ministerio de Educación.

Fonte: ERR

A canle sueca SVT ofrecerá unha crónica do concurso de Eurovisión 2024 en linguas saami

A canle sueca de utilizade pública SVT informou de que o concurso de Eurovisión 2024 incluirá unha crónica en dúas variedades de linguas saami: en saami de Inari e en saami meriodional.

Fonte: Eurovoix News

O Consello de Cornualles demanda máis protección para a lingua córnica

O Consello de Cornualles solicitoulle formalmente ao Goberno do Reino Unido que conceda máis protección para a lingua córnica. A petición realizouse cando se facían dez anos do recoñecemento do córnico como minoría nacional.

Fonte: BBC

Letonia esixiralles a máis cidadáns rusos que aproben un exame de coñecemento de letón

Segundo establece a nova Lei de Inmigración, o Goberno de Letonia ampliará o requisito de realizar unha proba de coñecementos de lingua letoa a un grupo de 5000 cidadáns rusos.

Fonte: ENG LSM

 

O primeiro ministro portugués quere que o portugués sexa lingua oficial da ONU

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, insta os estados da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) a que unan esforzos para que o portugués se converta en lingua oficial da ONU até 2030.

Fonte: ECO Sapo

O ensino do gaélico nas escolas escocesas é marxinal

Representantes do Parlamento de Escocia alertaron que a porcentaxe de ensino do gaélico escocés nas escolas escocesas é inferior ao 1%. Este dato torna necesaria a aprobación dunha lei no parlamento que garanta o ensino da lingua vernácula.

Fonte: TES Magazine

A Unesco celebra o Día Mundial da Lingua Portuguesa

O 5 de maio, as Nacións Unidas conmemoran o Día Mundial da Lingua Portuguesa. Trátase dunha data de importancia mundial xa que, en palabras do seu secretario xeral, o portugués António Guterres, a lingua portuguesa "é un tesouro inestimable que transcende fronteiras e océanos" e é un “vehículo dunha riqueza cultural extraordinaria que une comunidades e nacións en diferentes partes do mundo”.

Fonte: ONU News

O Quebec anuncia un plan quinquenal de promoción do francés

O ministro da Lingua Francesa do Quebec, Jean-François Roberge, anunciou a implantación dun plan de 603 millóns de dólares que, durante 5 anos, fortalecerá e promocionará a lingua francesa.

Fonte: Global News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder