Mundo
O Municipio de Miranda do Douro organiza un festival da canción en lingua mirandesa
As celebracións polo día da cidade trasmontana de Miranda do Douro incluirán a organización do "Festibal de la Cançon Mirandesa" que estimula a produción musical en mirandés, a segunda lingua oficial de Portugal.
Fonte: Mensageiro de Bragança
Morre Ismail Kadaré, o máis grande escritor das letras albanesas
Morre aos 88 anos de idade o máis célebre escritor en lingua albanesa, Ismail Kadaré.
Fonte: The Guardian
Macau acollerá un encontro de universidades en lingua portuguesa
A cidade chinesa de Macau acollerá en 2026 un encontro da Asociación das Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués). Neste encontro haberá representantes do ensino superior dos países lusófonos.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un proxecto permitirá crear un sistema de recoñecemento de voz en lingua friulana
A División das Tecnoloxías Dixitais (DITEDI), en colaboración coa ARLeF (Axencia Rexional para a Lingua Friulana), está traballando na creación dun sistema de síntese e recoñecemento vocais en friulano, un proxecto que permitirá cumprir o plan xeral de política lingüística da rexión italiana Friúl-Venecia Xulia.
Fonte: FriuliOggi.it
A poeta brasileira Adélia Prado gaña o Premio Camões

A poeta mineira Adélia Prado é a vencedora do Premio Camões, o máis importante galardón da literatura escrita en portugués. A autora recibira tamén o Premio Machado de Assis da Academia Brasileira de Letras.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Congreso do Perú debate un proxecto de lei que introduza o quechua no currículo escolar
O Congreso da República do Perú está debatendo actualmente o proxecto de lei N° 8279/2021-CR que pretende incorporar o estudo da lingua quechua no currículo escolar.
Fonte: La República
Un estudo revela que a maioría dos quebequeses queren que a provincia sexa oficialmente bilingüe
Un estudo elaborado pola empresa Léger revela que o 55% da cidadanía quebequesa quere que o Quebec sexa oficialmente bilingüe. Actualmente, o francés é a única lingua oficial desta provincia canadense.
Fonte: CULTmtl
As escolas de linguas xaponesas rexistran un récord de matriculados estranxeiros
Un estudo realizado por unha axencia independente xaponesa revela que un total de 90719 persoas estranxeiras están estudando xaponés en escolas de linguas do Xapón, o que supón unha cifra récord.
Fonte: Nippon
O Quebec precisa de máis intérpretes en lingua de signos
Na actualidade existen arredor de 250 intérpretes en toda a provincia canadense do Quebec e hai estimacións que indican que se precisaría dobrar esta cifra para facer fronte á demanda.
Fonte: CTV News
Suecia obrigará a realizar unha proba de coñecemento de lingua sueca para obter a nacionalidade
Suecia está introducindo cambios na súa política migratoria que implican un endurecemento para conseguir a cidadanía. Entre outras medidas, a ministra de Migración declarou que o exame de coñecemento de lingua sueca pasará a ser obrigatorio.
Fonte: Schengen News
Boletín
Subscríbase ao boletín