Mundo
Un proxecto de ensino da lingua de signos portuguesa recibirá orzamento do municipio portugués de Ponte da Barca
Un proxecto de ensino da lingua de signos portuguesa venceu un dos orzamentos participativos do municipio portugués de Ponte da Barca. A iniciativa recibirá o apoio financeiro de cinco mil euros.
Fonte: O Minho
A Universidade do Porto ofrece unha nova edición do curso MOOC de Iniciación á Lingua Portuguesa
A Facultade de Letras e a Unidade de Innovación Educativa da Universidade do Porto oferta na plataforma de ensino en liña edX a segunda edición do Curso Online Aberto e Masivo (MOOC, polas súas siglas en inglés) de Iniciación á Lingua Portuguesa entre o 6 de maio ao 31 de xullo.
O Ministerio de Cultura do Perú ofrece un curso de quechua gratuíto de 3 meses
O Ministerio de Cultura do Perú, en colaboración co Municipio de San Juan de Lurigancho, ofrece un curso gratuíto de lingua quechua para principiantes que se enmarca na Política Nacional de Linguas Orixinarias e Tradición Oral até 2040.
Fonte: La República
A poboación kurda do mundo celebra o Día da Lingua Kurda

Como cada 15 de maio desde 2006, os territorios de fala kurda do mundo conmemoran o Día da Lingua Kurda.
Fonte: English Bianet
O Goberno do Xapón revisará o sistema de transcrición da lingua xaponesa
O ministro de Cultura do Xapón, Moriyama Masahito, solicitou a revisión do sistema que actualmente se emprega para transcribir o alfabeto da lingua xaponesa. Trataríase da primeira vez que se revisa en 70 anos.
Fonte: Nippon
Angola desbota o ensino das linguas rexionais no sistema educativo
Diversos especialistas en educación alertaron que a introdución do ensino das linguas rexionais no sistema educativo pode ter consecuencias negativas, sobre todo pola falta de profesionais docentes que estean capacitados para impartilas.
Fonte: VOA
Timor Leste pide a Portugal reforzo na capacitación en lingua portuguesa
A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Fernandes, informou de que as autoridades de Timor Leste solicitaron axuda para reforzar a lingua portuguesa en sectores como a educación e a capacitación da administración pública.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un estudo revela que a comunicación dos cachalotes é máis semellante á dos humanos do que se pensaba
Un estudo realizado por un equipo do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) revela que o modo de comunicar dos cachalotes é moito máis expresivo e complexo do que se sabía até o momento.
Fonte: MIT Technology Review
Unha asociación de Alsacia recada sinaturas para denunciar a marxinación da lingua alsaciana
A asociación Ciutadana Alsaciana recolle máis de 1600 sinaturas para denunciar a marxinación da lingua alsaciana e manda unha carta ao presidente Emmanuel Macron para reclamar a súa revitalización.
Fonte: Diari de la Llengua
Lanzan unha aplicación para aprender romanés como lingua estranxeira
Lingly.ai é unha aplicación de recente creación que ten como obxectivo que as persoas estranxeiras afincadas en Romanía poidan aprender a lingua romanesa.
Fonte: Romania Insider
Boletín
Subscríbase ao boletín