Mundo

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo seguirá tendo acceso gratuíto nas fins de semana

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, espazo cultural que ofrece exposicións interactivas, audiovisuais e educativas arredor da lingua portuguesa, seguirá tendo acceso gratuíto todas as fins de semana até finais de ano.

Fonte: CNN Brasil

Corea do Sur e o Xapón fan esforzos por preservar as súas linguas minorizadas en perigo

Corea do Norte e o Xapón están pondo medios e esforzos por salvar da extinción as súas linguas nativas con menos falantes, como o ainu no Xapón ou o jeju na illa do mesmo nome en Corea do Sur.

Fonte: CNA

Estonia estrea un modelo escolar integramente en lingua estoniana

Estonia deixará atrás o modelo de dobre vía lingüística e a partir deste curso académico, todo o alumnado do país báltico ten que estar escolarizado en lingua estoniana. A ministra de Educación quere reducir así o baixo nivel académico do alumnado rusófono xa que non era suficientemente competente na lingua oficial.

Fonte: Diari de la Llengua

O Reino Unido está a valorar un novo sistema de probas de inglés para a obtención de visados

O Goberno do Reino Unido quere crear un novo procedemento de probas de lingua inglesa como parte dun proceso de mellora do sistema que existe para a obtención dos visados. 

Fonte: ST Network

O Brasil aproba un programa de preservación e transmisión das linguas indíxenas

A Comisión da Amazonia e dos Pobos Orixinarios da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que permitirá crear o programa de preservación, recuperación e transmisión das linguas indíxenas brasileiras.

Fonte: Diário Digital

O 38,4 % das linguas orixinarias de América Latina e o Caribe pode desaparecer de xeito inminente

Segundo un estudo do Atlas de Linguas Indíxenas en Perigo de Desaparición, o 38,4 % das linguas orixinarias de América Latina e o Caribe están nunha situación crítica. Esta porcentaxe aumentou 18 puntos nos últimos anos.

Fonte: Diari de la Llengua

Mia Couto gaña o premio FIL de Literatura en Linguas Románicas

O autor mozambicano Mia Couto gañou a última edición do premio FIL de Literatura en Linguas Románicas de México. O galardón ten a contía de 150 mil euros.

Fonte: VOA

A Unesco rexeita a petición de inscribir a toponimia bretoa no patrimonio inmaterial da humanidade

A Unesco rexeita a petición da asociación Koun Breizh de inscribir a toponimia bretoa na lista do patrimonio inmaterial mundial.

Fonte: Yahoo Actualités

A Universidade de Macedonia de Tesalónica oferta o primeiro grao en lingua inglesa

A Universidade de Macedonia, situada na cidade grega de Tesalónica, ofertará por primeira vez un grao en inglés. Trátase dos estudos de Contabilidade e Finanzas.

Fonte: Ekathimerini

Unha campaña pide a abolición das políticas de asimilación cultural e lingüística no Tíbet

Unha campaña asinada por 100 académicos pediulle á Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos que avogue pola abolición das políticas de asimilación chinesas que están a prohibir a lingua e a cultura tibetanas nas escolas.

Fonte: Save Tibet

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder