Mundo

Un estudo revela que a maioría dos quebequeses queren que a provincia sexa oficialmente bilingüe

Un estudo elaborado pola empresa Léger revela que o 55% da cidadanía quebequesa quere que o Quebec sexa oficialmente bilingüe. Actualmente, o francés é a única lingua oficial desta provincia canadense.

Fonte: CULTmtl

As escolas de linguas xaponesas rexistran un récord de matriculados estranxeiros

Un estudo realizado por unha axencia independente xaponesa revela que un total de 90719 persoas estranxeiras están estudando xaponés en escolas de linguas do Xapón, o que supón unha cifra récord.

Fonte: Nippon

O Quebec precisa de máis intérpretes en lingua de signos

Na actualidade existen arredor de 250 intérpretes en toda a provincia canadense do Quebec e hai estimacións que indican que se precisaría dobrar esta cifra para facer fronte á demanda.

Fonte: CTV News

Suecia obrigará a realizar unha proba de coñecemento de lingua sueca para obter a nacionalidade

Suecia está introducindo cambios na súa política migratoria que implican un endurecemento para conseguir a cidadanía. Entre outras medidas, a ministra de Migración declarou que o exame de coñecemento de lingua sueca pasará a ser obrigatorio.

Fonte: Schengen News 

A ferramenta de tradución de Google incorpora 110 novos idiomas

A ferramenta de tradución Google Translate incorporou agora un total de 110 novas linguas á súa base de datos de tradución automática asistida por intelixencia artificial. 

Fonte: The Verge

 

 

Bolivia quere crear un instituto iberoamericano de linguas indíxenas

O Goberno de Bolivia, un dos grandes impulsores do Ano Internacional das Linguas Indíxenas da ONU, está traballando na creación dun instituto que velará pola promoción e difusión das súas linguas indíxenas.

Fonte: TRT

Ucraína aproba unha lei para regular o uso da lingua inglesa

O presidente de Ucraína, Volodymyr Zelensky, aprobou a lei 9432 que regulará o uso da lingua inglesa no país eslavo. Segundo esta norma, o inglés convértese en lingua de comunicación internacional en Ucraína.

Fonte: Ukraine-Nachrichten

Un estudo revela que o albanés é a segunda lingua estranxeira máis falada en Suíza

Un estudo elaborado pola Oficina Federal Estatística de Suíza revela que o albanés é a segunda lingua estranxeira máis falada no país helvético despois do inglés e, por primeira vez, por diante do portugués.

Fonte: KOHA

Un acordo entre o Goberno de Gales e a institución OpenAI mellorará a aplicación ChatGPT en lingua galesa

Un acordo asinado entre o Goberno de Gales e a empresa OpeanAI permitirá que a coñecida aplicación de intelixencia artificial ChatGPT poida mellorar o seu funcionamento en lingua galesa.

Fonte: Llywodraeth Cymru/Welsh Government

Unha enquisa revela que a cidadanía maltesa considera que o maltés é a súa primeira lingua

Un estudo científico sobre o estado da nación revelou que o 71,3 % da cidadanía maltesa considera que o maltés é a súa primeira lingua, fronte a un 7,6% que escolle o inglés.

Fonte: TVM News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder