Mundo
A canle S4C participa nunha iniciativa para acoller novos falantes de galés

En colaboración coa BBC Radio Cymru e o Centro Nacional para a Aprendizaxe do Galés, a canle de televisión de fala galesa S4C participará na Semana dos Falantes de Galés que celebra a incorporación de novos falantes á lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
A comisaria da Lingua Maorí alerta que as políticas gobernamentais actuais poden pór en risco a supervivencia da lingua vernácula de Nova Zelandia
A comisaria da Lingua Maorí, Rawinia Higgins, alertou que as medidas do Goberno de Nova Zelandia en contra do uso da lingua maorí poden pór en risco a súa supervivencia.
Fonte: The Guardian
A Universidade de Helsinqui organiza unha conferencia sobre a tradución e creación literaria entre o galego e outras linguas
O Departamento de Linguas da Universidade de Helsinqui organizou unhas xornadas sobre creación literaria e tradución entre varias linguas como o galego, o éuscaro o catalán e o finés, entre outras.
Fonte: University of Helsinki
Turquía prohibe un filme en lingua kurda
O Ministerio de Cultura e Turismo de Turquía prohibiu o filme en lingua kurda Rojbash por consideralo "inadecuado para a circulación comercial".
Fonte: ANF News
Unha enquisa revela o baixo nivel de coñecemento da lingua inglesa por parte da cidadanía brasileira
Un estudo realizado pola multinacional de educación británica Pearson revela que só dous de cada dez brasileiros están familiarizados coa lingua inglesa. É un dos peores índices de dominio de inglés en América Latina.
Fonte: Veja
Unha coñecida páxina de busca de emprego neerlandesa revela que o neerlandés non adoita ser un requisito para conseguir traballo nos Países Baixos
A máis importante páxina de busca de emprego neerlandesa, Indeed, revelou que cada vez menos empresas dos Países Baixos consideran que o dominio da lingua neerlandesa é un requisito para conseguir traballo.
Fonte: NL Times
Francia anula a oficialidade da lingua crioula de Martinica
O tribunal administrativo de Fort-de-France, na illa de Martinica, anulou unha lei aprobada no parlamento da illa que recoñecía a lingua crioula como idioma oficial.
Fonte: Diari de la Llengua
O Parlamento Europeo avaliará o impacto de recoñecer o uso do galego, o catalán e o éuscaro nas súas sesións plenarias

A presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola dá un paso adiante e decidiu avaliar o impacto que suporá a oficialización do galego, catalán e éuscaro na Eurocámara.
Fonte: Galicia Confidencial
O distrito paraguaio de Yhú convértese na capital do idioma guaraní
O distrito paraguaio de Yhú, do departamento de Caaguazú, converterase na capital do idioma guaraní e será un modelo de xestión lingüística na promoción e difusión do seu uso nos diferentes ámbitos da interacción social.
O Senado de Francia propón a creación dun programa Erasmus francófono
A comisión de Cultura, Educación, Comunicación e Deportes do Senado francés elaborou un informe onde solicita a creación dun programa Erasmus que promova a lingua francesa na esfera internacional.
Fonte: Diari de la Llengua
Boletín
Subscríbase ao boletín