Mundo

A Universidade de Macedonia de Tesalónica oferta o primeiro grao en lingua inglesa

A Universidade de Macedonia, situada na cidade grega de Tesalónica, ofertará por primeira vez un grao en inglés. Trátase dos estudos de Contabilidade e Finanzas.

Fonte: Ekathimerini

Unha campaña pide a abolición das políticas de asimilación cultural e lingüística no Tíbet

Unha campaña asinada por 100 académicos pediulle á Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos que avogue pola abolición das políticas de asimilación chinesas que están a prohibir a lingua e a cultura tibetanas nas escolas.

Fonte: Save Tibet

Unha protesta en Letonia pide a interrupción da lei educativa de ensino en letón

Unha asociación de apoio ás escolas de fala rusa organizou unha protesta no Parlamento de Letonia para pedir a interrupción da lei educativa que promove o ensino monolingüe en letón.

Fonte: Baltic News Network

Un acordo permitirá actualizar o acervo de títulos portugueses e africanos no Brasil

A Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas de Portugal vai destinar 75 mil euros á edición de 45 obras de autores en lingua portuguesa no Brasil. Os títulos serán de autores portugueses e africanos.

Fonte: Público

Todas as escolas das Hébridas Exteriores de Escocia recibirán un xogo de Scrabble en gaélico

O Departamento de Educación de Escocia agasallaralles un xogo de Scrabble en gaélico a todas as escolas das illas Hébridas Exteriores de Escocia. A iniciativa busca animar o alumnado das escolas a aprender ou mellorar gaélico dun xeito lúdico.

Fonte: The National

Portugal quere ampliar o ensino do portugués aos países de nova emigración

O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Cesário, declarou en Macau que o ensino da lingua portuguesa debe estenderse aos países que aínda non contan con oferta, como Dinamarca, Noruega ou os Emiratos Árabes Unidos, e que son destino de novos fluxos migratorios.

Fonte: Contacto

A compañía Air India mellora a súa atención ao cliente con sete novas linguas rexionais

Co fin de atender a diversidade lingüística da India, a compañía aérea Air India incorporou sete novas linguas rexionais aos seus servizos de atención ao cliente.

Fonte: Travel Biz Monitor

O Goberno de Gales segue a ofrecer clases de galés gratuítas para a mocidade

Un programa financiado polo Goberno de Gales permite que as persoas entre os 16 e os 25 anos, así como persoal das escolas, aprendan galés de balde. No último ano 3200 persoas beneficiáronse deste programa.

Fonte: Nation Cymru

Paraguai celebra o Día do Idioma Guaraní

O 25 de agosto de cada ano, Paraguai celebra o Día do Idioma Guaraní para conmemorar o recoñecemento oficial desta lingua na promulgación da súa Constitución Nacional.

Fonte: El Nacional

Un estudo revela que o cerebro pode procesar lingua en diferentes escalas temporais

Un grupo de investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, EUA, identificou grupos de neuronas que parecen procesar elementos lingüísticos en diferentes escalas temporais. Cada unha destas escalas podería facer referencia a diferentes funcións do procesamento lingüístico.

Fonte: MIT News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder