Mundo
Un estudo da Universidade de Bangor revela que a maioría da xente nova se interesa por negocios que usen a lingua galesa
Unha nova investigación da Universidade de Bangor revela que o 70 % das persoas menores de 30 anos mostran interese polos proxectos empresariais que empreguen a lingua galesa.
Fonte: North Wales Chronicle
O Estado de Alasca recoñece oficialmente catro novas linguas
Unha lei do Estado de Alasca modificou o número de linguas oficiais e recoñeceu catro novos idiomas nativos: cup’ig, tanana medio, tanana inferior e wetał.
Fonte: Alaska Public Media
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo seguirá tendo acceso gratuíto nas fins de semana
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, espazo cultural que ofrece exposicións interactivas, audiovisuais e educativas arredor da lingua portuguesa, seguirá tendo acceso gratuíto todas as fins de semana até finais de ano.
Fonte: CNN Brasil
Corea do Sur e o Xapón fan esforzos por preservar as súas linguas minorizadas en perigo
Corea do Norte e o Xapón están pondo medios e esforzos por salvar da extinción as súas linguas nativas con menos falantes, como o ainu no Xapón ou o jeju na illa do mesmo nome en Corea do Sur.
Fonte: CNA
Estonia estrea un modelo escolar integramente en lingua estoniana
Estonia deixará atrás o modelo de dobre vía lingüística e a partir deste curso académico, todo o alumnado do país báltico ten que estar escolarizado en lingua estoniana. A ministra de Educación quere reducir así o baixo nivel académico do alumnado rusófono xa que non era suficientemente competente na lingua oficial.
Fonte: Diari de la Llengua
O Reino Unido está a valorar un novo sistema de probas de inglés para a obtención de visados
O Goberno do Reino Unido quere crear un novo procedemento de probas de lingua inglesa como parte dun proceso de mellora do sistema que existe para a obtención dos visados.
Fonte: ST Network
O Brasil aproba un programa de preservación e transmisión das linguas indíxenas

A Comisión da Amazonia e dos Pobos Orixinarios da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que permitirá crear o programa de preservación, recuperación e transmisión das linguas indíxenas brasileiras.
Fonte: Diário Digital
O 38,4 % das linguas orixinarias de América Latina e o Caribe pode desaparecer de xeito inminente
Segundo un estudo do Atlas de Linguas Indíxenas en Perigo de Desaparición, o 38,4 % das linguas orixinarias de América Latina e o Caribe están nunha situación crítica. Esta porcentaxe aumentou 18 puntos nos últimos anos.
Fonte: Diari de la Llengua
Mia Couto gaña o premio FIL de Literatura en Linguas Románicas
O autor mozambicano Mia Couto gañou a última edición do premio FIL de Literatura en Linguas Románicas de México. O galardón ten a contía de 150 mil euros.
Fonte: VOA
A Unesco rexeita a petición de inscribir a toponimia bretoa no patrimonio inmaterial da humanidade
A Unesco rexeita a petición da asociación Koun Breizh de inscribir a toponimia bretoa na lista do patrimonio inmaterial mundial.
Fonte: Yahoo Actualités
Boletín
Subscríbase ao boletín