Mundo
A CPLP organiza en Berlín unha feira de libros escritos en lingua portuguesa
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) organiza en Berlín unha feira do libro con máis de 400 títulos de autores de lingua portuguesa e as súas respectivas traducións ao alemán.
Fonte: TSF Rádio Notícias
Crean unha plataforma dixital para a aprendizaxe de maltés entre a cativada
Nace a plataforma dixital Perlina TV co obxectivo de ofrecer un espazo para que as nenas e os nenos de Malta aprendan a lingua maltesa.
Fonte: Times of Malta
A obra completa de Clarice Lispector será publicada en Portugal no 2025
A editorial Companhia das Letras anunciou que a obra completa de Clarice Lispector, considerada unha das máis importantes figuras da literatura lusófona contemporánea, vai ser publicada a partir do próximo ano 2025 en Portugal.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un estudo revela que durmir pode axudar a mellorar as destrezas lingüísticas
Un estudo elaborado por investigadores da Universidade de Australia Meridional conclúe que manter bos hábitos de sono pode potenciar as nosas habilidades lingüísticas. O descanso adecuado contribúe de forma significativa a almacenar e consolidar o vocabulario aprendido, mellorando así a capacidade de memorización e uso de novas palabras.
Fonte: SciTechDaily
Noruega anuncia a creación dun importante premio de tradución literaria

Noruega crea un novo premio de tradución, nomeado en honra do novelista e dramaturgo noruegués Jon Fosse, gañador do Nobel de Literatura 2023. O galardón será un dos mellor dotados de Europa e contará cun primeiro premio de 500 000 coroas norueguesas (arredor de 44 000 euros).
Fonte: The Guardian
Islandia quere que a poboación migrante aprenda islandés
O Goberno de Islandia quere que a poboación migrante residente no país aprenda a lingua vernácula. Varias empresas e institucións públicas ofrecen cursos de islandés durante o horario laboral.
Fonte: Times of Malta
O Goberno dos EUA lanza un plan para a revitalización das linguas indíxenas
A administración Biden-Harris dos Estados Unidos de América lanzou un plan nacional que ten por obxecto a protección e revitalización das linguas indíxenas estadounidenses.
Fonte: Minnesota Reformer
A India recoñece o bhoti e o urdú como linguas oficiais da rexión india do Ladakh
O goberno da India recoñeceu oficialmente a lingua tibética bhoti e o urdú como idiomas oficiais do territorio indio do Ladakh tras reunións entre líderes locais e representantes do Ministerio do Interior en Nova Deli.
Fonte: Phayul
Unha película brasileira é candidata ao Globo de Ouro como mellor filme en lingua estranxeira
A longametraxe brasileira Ainda estou aquí foi anunciada como unha das nomeadas ao Globo de Ouro na categoría de mellor película en lingua estranxeira. A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o 5 de xaneiro en California.
Fonte: Notícias ao Minuto
A comunidade kurda de Turquía ten dificultades para acceder a servizos en kurdo
A comunidade kurda de Turquía, que representa o 5 % da poboación de todo o país, ten moitas dificultades para acceder a servizos públicos en lingua kurda, sobre todo no ámbito do ensino.
Fonte: DuvaR.english
Boletín
Subscríbase ao boletín